Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: reelectrificación de Carrizal, parroquia de Rigueira.
Situación: A Pastoriza.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 570 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Carrizal, parroquia de Rigueira, no concello da Pastoriza.
Orzamento: 6.337.267 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 6 de xuño de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9604834