Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/93-2-4.568 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. Subt. centro reparto sector Monforte de Lemos a C.T. compañía.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, subterránea, cunha lonxitude de 810 metros, en conductor R.H.V./150, para enlaza-lo centro de reparto do sector Monforte de Lemos ó C.T. compañía, en Monforte de Lemos.

Orzamento: 4.403.990 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9604833