Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/202-2-4.456 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Bustofrío.

Situación: Samos.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, con apoios de formigón e unha lonxitude de 819 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/398-230 V-2,5%-5%, en apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 120 metros, para mellora do servicio eléctrico en Bustofrío, concello de Samos.

Cumprido-los tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 27 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5194