Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996 pola que se cancela a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Norcontrol, S.A., con domicilio na rúa República Arxentina, número 18 baixo, 36540 Silleda (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 e 16 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas de acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establecen os artigos 12 g) e 20 a) do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Cancelar, a petición propia, a acreditación e a súa inscrición no Rexistro do Laboratorio de Ensaios para o control de Calidade da Construcción a Norcontrol, S.A., con domicilio na r/ República Arxentina, nº 18 baixo, 36540 Silleda (Pontevedra) na área de:

-HF, «Área de control de formigón fresco», co número 15044HF93.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9605609