Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución e modificación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como a modificación que se cita.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Toxo, S.A.T. nº 935 XUGA, de responsabilidade limitada,

con domicilio en: O Toxo-Goiás-Lalín (Pontevedra), obxecto social: producción gandeira; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Denillon, S.A.T. nº 5.878 XUGA, nas asembleas xerais do 20-7-1996 e 21-7-1996 respectivamente, acordan dar baixa socios con reducción de capital social pasando de 400.000 pesetas a un definitivo capital social de 150.000 pesetas; e nomean a: Ramiro Cures Negreira, presidente; Jesús Cures Negreira, secretario e Hermencina Negreira Cancela, vocal, como novos membros da xunta rectora.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

5426