Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.S. de C.T. Picota a C.T. Redondela Igrexa e reforma C.T. Picota, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente de Picota rematando no C.T. existente de Redondela Igrexa, concello de Redondela.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 680 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Reforma do C.T. Picota cunha cela compacta SF6 (2L+1P).
Orzamento: 19.144.461 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el
as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 17 de xuño de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9605660