Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/201 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T en Mosteiro, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o L.M.T. ó C.T. A Cruz rematando no C.T. que se proxecta en Mosteiro, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20/15 kV, de 869 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15kV-398/230 V.

R.B.T., aérea, de 475 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Orzamento: 10.836.141 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 17 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9605659