Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso para a supresión dun paso a nivel sobre o ferrocarril en Soutomaior (Pontevedra) e outros dous máis.

A Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes de conformidade coa Resolución do 22-7-1996 da Consellería de Política Territorial

Obras Públicas e Vivenda, convoca o seguinte concurso:

1. Obxecto.

A execución das obras que se detallan na relación que se xunta e pertencentes ós expedientes que se citan, conforme o que se sinala nos respectivos proxectos e pregos aprobados.

2. Orzamento.

O sinalado para cada obra según a relación.

3. Prazo de execución.

O sinalado para cada obra según a relación.

4. Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto de cada unha das obras, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, todolos días laborais, agás sábados, as horas hábiles de oficina.

5. Modelo de proposición.

Proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de proposicións.

As proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 h as 14 h ou ser enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2528/1986 do 28 de novembro.

7. Prazo de presentación.

Será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguiente ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

8. Clasificación necesaria.

A sinalada para cada obra según a relación.

9. Apertura de proposicións.

9.1. Lugar: na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza de Europa, 5-A (2ª pranta), Área Central, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

9.2. Día e hora: as 12 horas do quinto día hábil, que no sexa sábado, seguiente á data do final do prazo de presentación de proposicións.

10. Documentos que deben presentar os licitadores.

Os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador, significándose que deberá acompañarse na documentación xeral (sobre nº 1) certificado de clasificación definitiva ou copia autenticada, se é o caso, para cada solución que se presente nos grupos, subgrupos e categorías adecuadas de acordo co proxecto, prazo e importe de cada proposición.

Relación de expediente.

* Obra: construcción dun paso superior para a supresión dun paso nivel no p.k. 7/520 do FF.CC. Monforte de Lemos-Vigo, no térmo municipal de Soutomaior (Pontevedra).

Orzamento: 15.881.727 ptas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación esixida: grupo A, subgrupo 1, categoria C. Grupo B, subgrupo 1 ou 2 ou 3, categoría C. Grupo D, subgrupo 5, categoría C. Grupo G, subgrupo 6, categoría C.

* Obra: supresión dun paso nivel no p.k. 30/184 do FF.CC. Redondela-Santiago de Compostela, mediante a construcción dun paso inferior, no termo municipal de Barro (Pontevedra).

Orzamento: 13.993.424 ptas.

Prazo de execucución: cuatro meses.

Clasificación esixida: grupo A, subgrupo 1, categoría C. Grupo B, subgrupo 1 ou 2 ou 3, categoría C. Grupo D, subgrupo 5, categoría C. Grupo G, subgrupo 6, categoría C.

* Obra: supresión dun paso nivel no p.k. 140/856 do FF.CC. Monforte de Lemos-Vigo, mediante a construcción dun paso inferior, no término municipal de Tui (Pontevedra).

Orzamento: 15.534.023 ptas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación esixida: grupo A, subgrupo 1, categoria C. Grupo B, subgrupo 1 ou 2 ou 3, categoría C. Grupo D, subgrupo 5, categoría C. Grupo G, subgrupo 6, categoría C.

11. Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5572