Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.382

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 30 de xullo de 1996, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo subalterno da Administración da Xunta de Galicia (grupo E), pola que se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 30 do presente mes polos tribunais 1, 2 e 3 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo subalterno da Administración da Xunta de Galicia (grupo E), convocadas por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG do 12 de xaneiro de 1996), e de conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria, acordouse:

1. Publica-las puntuacións obtidas na fase de concurso que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

2. Outorgar un plazo de dez días, contados a partires do seguiente ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular, ante os correspondentes tribunais, con sede na Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, as reclamacións que coiden oportunas.

Para efectos de información ó teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a vernes e de 9 a 14 os sábados.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Seijas Juan Pedrosa Vicente

Presidente do tribunal nº 1 Presidente do tribunal nº 2

Juan José Novoa Montero

Presidente del tribunal nº 3

5771