Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave PE/SC/96.1, N/AC/90.1, N/PO/90.1 e N/LU/91.15.2.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica redacción da revisión do plan de estradas de Galicia.

Clave: PE/SC/96.1.

Orzamento: trinta e dous millóns oitenta e seis mil dezaoito pesetas (32.086.018).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría b.

2. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Arzúa-Portodemouros.

Clave: N/AC/90.1.

Orzamento: doce millóns duascentas cincuenta e dúas mil catrocentas trinta pesetas (12.252.430).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

3. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Portodemouros-Vila de Cruces.

Clave: N/PO/90.1.

Orzamento: doce millóns catrocentas corenta e cinco mil seiscentas oitenta e seis pesetas (12.445.686).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

4. Asistencia técnica para control e vixilancia das obras de acondicionamento da estrada Lugo-Friol. Treito: T.M. Lugo.

Clave: N/LU/91.15.2.

Orzamento: quince millóns oitocentas cincuenta e oito mil trinta e cinco pesetas (15.858.035).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 2, categoría a.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarase por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas prticulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9605561