Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996 sobre autorización de apertura de cinco novos establecementos da axencia de viaxes Viaxes Halcón, S.A., sitos nas rúas Xeneral Pardiñas, 1, de Santiago de Compostela; Xeneral Pardiñas, 5, de Santiago de Compostela; Real, 12, das Pontes de García Rodríguez (A Coruña); avenida de Portugal, 1, baixo, de Verín (Ourense), e na avenida de Galicia, 35, baixo, de Monforte de Lemos (Lugo).

Vistos os expedientes instruídos por instancia de Frco. Javier Hidalgo Acera, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., en solicitude de apertura dos establecementos sitos nas rúas Xeneral Pardiñas, 1, de Santiago de Compostela; Xeneral Pardiñas, 5, de Santiago de Compostela; Real, 12, das Pontes de García Rodríguez (A Coruña); avenida de Portugal, 1, baixo, de Verín (Ourense), e na avenida de Galicia, 35, baixo, de Monforte de Lemos (Lugo), dependentes da axencia de viaxes Halcón Viaxes, S.A., GAT nº 254 e CICL 37-03, con sede central en Salamanca, na Plaza de los Irlandeses, 2.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude presentou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación dos expedientes se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e nos novos establecementos concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos, o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita na Plaza de los Irlandeses, 2, Salamanca,

da que é titular a entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., a apertura dos novos establecementos nas rúas Xeneral Pardiñas, 1, de Santiago de Compostela; Xeneral Pardiñas, 5, de Santiago de Compostela; Real, 12, das Pontes de García Rodríguez (A Coruña); avenida de Portugal, 1, baixo, de Verín (Ourense), e na avenida de Galicia, 35, baixo, de Monforte de Lemos (Lugo), que serán inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

5765