Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, convocadas por Orde do 25 de abril de 1996 (DOG número 108, do 3 de xuño).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 10 de xullo de 1996 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 108, do 3 de xuño de 1996, e de conformidade co establecido na base terceira da referida orde de convocatoria, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder cinco bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será de 122.000 peseta, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 19 de xullo de 1996 e o 31 de decembro de 1996.

Terceira.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Apelidos e nome dos bolseirosNIF

Proxecto I: lírica medieval galego-portuguesa
-Fernández Guiadanes, Antonio36118434Q
-Vázquez Pacho, Mª Carmen44075189J

Apelidos e nome dos bolseirosNIF

Proxecto II: diccionarios de literatura
-López Pérez, Mª Xosé33278794

Proxecto III: diccionario de fraseoloxía galega
-Viqueira Liñares, Mª Clara33291264Y

Proxecto IV: estudios etimolóxicos galegos
-Carrillo Boutureira, Francisco José36083097F

5732