De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.
1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.
2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.
Pontevedra, 12 de xuño de 1996.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-297/1995.
Denunciado: Pablo Adolfo Liste Silva.
Último enderezo coñecido: A Igrexa-Pousada, 4. Boqueixón, A Coruña.
Feito denunciado: pescar 4 troitas de tamaño menor ó permitido (16-17, 5-16, e 17 cm) no termo municipal de Vila de Cruces, o día 25-6-1995, no río Ulla.
Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.
Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.
Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 10.000 ptas.
5615