Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores (E.N.-6/1996, E.N.-7/1996 e E.N. 11/1996) (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructura do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán de un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 12 de xuño de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

E.N.-6/1996Miguel Astor Varela

r/ Xeneral Mola, 9

Pontevedra

Practica-lo deporte de «Wind-surf», no lugar denominado como Ensenada do Bao, dentro do termo municipal do Grove, estando prohibido nesta zona a práctica do dito deporte, o día 2-4-1996.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.10.000
E.N.-7/1996José Manuel Recaman

Nores

r/ Mendez Núñez, 64-3º A

Marín

Extracción de áridos, atopándose no interior do maleteiro do coche un cubo de uns 15 kgs. de area aproximadamente e no exterior outro da mesma capacidade cheo de area nunha zona que é un espacio natural Complexo Intermareal Umia O Grove, ó día 4-4-1996.Artigo 38.2º da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.25.000

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

E.N.-11/1996José Yamandu Reboiras

Gondar

r/ Alexandre Bóveda, 39-3º A

O Grove

Circular cun vehículo nun espacio natural Complexo Intermareal Umia O Grove, ó día 28-4-1996.Artigo 38.9º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.25.000

5614