Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto da redacción do proxecto básico e de execución para a construcción dun centro cultural no edificio Simeón en Ourense.

Obxecto: realización dos traballos de redacción do proxecto básico e de execución para a construcción dun centro cultural no edificio Simeón en Ourense.

Orzamento de licitación: 28.000.000 de pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulareS, os pregos de prescricións técnicas e demais documentación para o concurso estarán de manifesto e á disposición dos concursantes apra o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo de la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio San Caetano.

Modelo de proposición: o modelo de proposición económica únese como anexo ó prego de cláusulas administrativas, e debe ser cuberto estrictamente conforme a este.

Clasificación: os licitadores deberán presentar, se fose o caso, certificado de clasificación de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre cerrado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en horas de rexistro, ata as 14 horas do día 13 de setembro de 1996.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será verificada pola mesa de contratación reunida en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda ás 10 horas do cuarto día hábil que non coincida en sábado, desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

Documentación que deben aporta-los licitadores: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5535