Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (210/1995).

Cristina María Paz Eiroa, xuíza encargada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber, que nos autos de procedemento sumario hipotecario do artigo 131 da Lei hopotecaria que se seguen neste xulgado co número 210/1995, promovidos pola Caja de Ahorros Municipal de Vigo-Caixavigo, con domicilio en Avda. García Barbón nº 1 e 3 de Vigo, representada polo procurador Manuel Castro del Río, contra Pedro Figueira Garabato, con DNI nº 76.347.991, e María Esther Silva Gómez, con DNI nº 32.443.094, con domicilio no lugar de Pousadoiro, parroquia de Visantoña-Mesía, sobre reclamación de crédito hipotecario e contía de tres millóns cento setenta e cinco mil cincocentas sesenta e tres pesetas (3.175.563 ptas.), acordouse sacar a poxa pública, por termo de vinte días, e polo prezo pactado na escritura de constitución de hipoteca, os predios que se relacionan ó final do presente, dos que o remate terá lugar nas datas e baixo as seguintes condicións:

Primeira poxa.-Que terá lugar o día 3 de setembro de 1996 ás dez horas.

Segunda poxa.-Que terá lugar o 2 de outubro de 1996, ás dez horas.

Terceira poxa.-Que terá lugar o 5 de novembro de 1996, ás dez horas.

Condicións da poxa.

Primeira.-Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría deste xulgado.

Segundoa.-Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houberó crédito de demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prazo do remate.

Terceira.-Servirá de tipo para a poxa o pactado na escritura de constitución da hipoteca e non se admitirá ningunha oferta inferior ó devandito tipo.

Cuarta.-O acredor demandante poderá concorrer como postor a tódalas poxas e non precisará consignar ningunha cantidade para tomar parte na licitación. Tódolos demais postores, sen excepción deberán consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, número 1569/000/18/210/95 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A.,

unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo, tanto na primeira como na segunda poxa, se houber lugar a iso, para tomar partes nelas.

Na terceira poxa, se é o cao, o depósito consistirá no 20%, polo menos, do tipo fixado para a segunda.

Quinta.-Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase a unha segunda, para a que servirá de tipo o setenta e cinco por cento da primeira, sen que se poida admitir oferta inferior a este tipo, baixo as condicións anteriormente referenciadas, e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior. A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo.

Sexta.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, achegándolle resgardo de ter consignado o importe que corresponda no establecemento destinado para o efecto.

Sétima.-As ofertas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro. O rematante que exercitase esta facultade deberá verifica-la devandita cesión mediante comparecencia perante o propio xulgado que celebrara a poxa, con asistencia do cesionario, que deberá aceptala, e todo iso previa ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo de remate.

Bens obxecto da poxa.

Predio sito no concello de Mesía, parroquia de Visantoña, lugar de Pousadoiro.

Casa sinalada co número dez do lugar de Pousadoiro, de planta baixa, en estado ruinoso, dunha superficie de cento dous metros cadrados aproximadamente. Linda: norte, Antonio Rodríguez de la Iglesia, parede medianeira no medio; sur, herdeiros de Andrés Silva, parede medianeira no medio; leste, que é a súa fronte, camiño veciñal, e oeste, herdeiros de Andrés Silva.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, no tomo 537, libro 55, folio 117, predio nº 6.856, inscrición 3ª.

Tipo de taxación para efectos de poxa: cinco millóns cen mil pesetas (5.100.000 ptas.).

E para que así conste, e sirva de anuncio nos diarios oficiais nos que se ten acordada a súa inserción, así como de notificación ó/ós debedor/es, no caso de que el/es no fosen achados no predio de constitución de hipoteca, expido e asino o presente edicto en Ordes o vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9605744