Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme ás funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre estranxeirías, que deberá desenvolverse conforme ás seguintes bases:
Obxectivos:
O curso ten como obxectivo principal da-los coñecementos necesarios en materia de estranxeirías, situacións conflictivas con estranxeiros, para que os policías poidan atallar e resolve-los posibles problemas que se lles poidan presentar na rúa.
Destinatarios.
O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e ós membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI, e do carné profesional.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 17 de setembro, ás 14 horas.
3. As instancias deberán vir firmadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas, será esto requisito indispensable para ser admitido no curso, o incumprimento deste requisito conlevará á exclusión do devandito curso.
4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, 2-4 Polígono de Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do
26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contido e duración.
O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, sos seguintes temas:
a) A Lei de estranxeiría. Dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
b) Entrada e situación dos estranxeiros en España. Visados: clases, estancias, residencias, etc.
c) Pasaportes ordinarios. Tipos e características. Outros documentos para saír ó estranxeiro. permisos de traballo e residencia. Réxime xeral e comunitario. O NIE.
d) Inmigración. Xenofobia. Racismo. Inmigración en Galicia. Colectivos máis significativos e actividades. Polizóns. Inmigración ilegal. Medios utilizados, lugares e formas de entrada, etc.
Datas.
O curso celebrarase do 30 de setembro ó 4 de outubro de 1996, en horario de 16 a 20 horas do serán.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 24 de setembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.
Lugar.
O curso desenvolverase nos locais da policía local do concello de Vigo.
Certificado de asistencia.
Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, conlevará a non expedición do certificado.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modificá-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1996.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
5498