Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso básico de capacitación para policías locais, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
O curso ten por obxectivos dota-las policías dunha formación teórico-práctica que complemente os coñecementos adquiridos na súa preparación das correspondentes probas de oposición, para que os capacite para o posterior desempeño da súa actividade profesional.
Destinatarios.
O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que superaron recentemente as correspondentes probas de acceso á categoría de garda da policía local dos diferentes concellos de Galicia.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta e deberase comunicar antes do 1 de outubro de 1996 para efectua-la correspondente reserva de praza.
Prazas.
Sen límite.
Solicitudes.
1. Os concellos que se atopen nesta situación deberanlle remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso, no que figure a lista de persoas que superaron as correspondentes probas de oposición a categoría de garda da policía local e os datos das persoas incluídas na lista referidos ás probas de oposición, para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.
2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 1 de outubro de 1996.
3. Os escritos deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela.
Contido e duración.
O curso celebrarase na sede da Academia Galega de Seguridade en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outras, as seguintes áreas:
-Área xurídica.
-Área humanística.
-Área técnica policial.
-Área operativa policial.
O curso terá unha duración de nove meses, seis de formación teórica na sede da Academia Galega de Seguridade e tres de prácticas nos respectivos concellos de procedencia.
Datas.
O curso principiará no vindeiro mes de outubro de 1996, quedando por determina-la súa data de comezo, que se comunicará coa suficiente antelación.
O horario será de 9.30 a 20 horas.
Desenvolvemento do curso.
Os alumnos da Academia Galega de Seguridade durante o seu período de permanencia na academia rexeranse polo Regulamento de réxime interior desta, publicado no DOG do 28-7-1995, nº 144.
Certificado.
Para obte-lo correspondente diploma será requisito indispensable superar tanto a fase de formación teórica, onde o alumno ten que superar tódalas materias que figuren no programa, como a fase de prácticas.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1996.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
5495