Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), pola que se anuncia o concurso público 5/1996 por procedemento aberto e tramité de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia do centro de Vilagarcía de Arousa.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: contratación do servicio de vixilancia dos locais onde está ubicado o centro de saúde, o ambulatorio e o servicio de urxencias de Vilagarcía de Arousa.

2. Orzamento: 10.000.000 de ptas. anuais (IVE incluído).

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1996.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

6. Clasificación económica: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

7. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse mediante algún dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: deberá acreditarse mediante as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato, que en todo caso deberán contar coa titulación e diplomas establecidos na orde do Ministerio de Xustiza e Interior do 7-7-1995.

9. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

10. Recollida de documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta Vigo, teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

11. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

12. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta, de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

13. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 10 de xullo de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo