Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público aberto 38/1996 para a subministración de sutura sintética (polipropileno) (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:

Subministración: sutura sintética, non reabsorbible, monofilar de polipropileno estéril con agulla (varias medidas).

Orzamento: 5.363.496 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 107.270 ptas.

Lote 1: cilíndrica 40.

Orzamento: 359.100 ptas.

Fianza provisional: 7.182 ptas.

Lote 2: cilíndrica 30.

Orzamento: 171.504 ptas.

Fianza provisional: 3.430 ptas.

Lote 3: trócar 2x25.

Orzamento: 582.336 ptas.

Fianza provisional: 11.647 ptas.

Lote 4: cilíndrica 2x16, calibre 3/0.

Orzamento: 166.320 ptas.

Fianza provisional: 3.326 ptas.

Lote 5: cilíndrica 2x16, calibre 4/0.

Orzamento: 859.248 ptas.

Fianza provisional: 17.185 ptas.

Lote 6: cilíndrica 2x16, calibre 5/0.

Orzamento: 887.760 ptas.

Fianza provisional: 17.755 ptas.

Lote 7: trócar 2x17.

Orzamento: 511.380 ptas.

Fianza provisional: 10.228 ptas.

Lote 8: cilíndrica 2x13.

Orzamento: 406.080 ptas.

Fianza provisional: 8.122 ptas.

Lote 9: cilíndrica 2x8.

Orzamento: 216.000 ptas.

Fianza provisional: 4.320 ptas.

Lote 10: cilíndrica 2x10.

Orzamento: 540.000 ptas.

Fianza provisional: 10.800 ptas.

Lote 11: cilíndrica 2x12.

Orzamento: 253.368 ptas.

Fianza provisional: 5.067 ptas.

Lote 12: cilíndrica 2x6,35.

Orzamento: 410.400 ptas.

Fianza provisional: 8.208 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto (polo trámite de urxencia).

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse: primeira entrega ós 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 de Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.

Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 80%.

2. Calidade dos materiais: 20%.

Total puntuación: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería-pranta Soto-anexo ó hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados,

e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario/s do contrato/s.

A Coruña, 8 de xullo de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

5693