Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de dotación de plaqueta e pintura nas aulas do colexio público Wenceslao Fernández Flórez.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: O96/47.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de dotación de plaqueta e pintura nas aulas do colexio público Wenceslao Fernández Flórez.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 10.942.505 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 218.850 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas; no caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que deberán presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de dotación de plaqueta e pintura nas aulas do colexio público Wenceslao Fernández Flórez».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de xullo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9605627