Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de melloras diversas no camiño de San Cristovo das Viñas.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: O96/46.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de melloras diversas no camiño de San Cristovo das Viñas.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 10.825.149 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 216.503 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas; no caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que deberán presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de melloras diversas no camiño de San Cristovo das Viñas».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de xullo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9605623