Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación das obras de adecuación da residencia da terceira idade de Burela á NBE-CPI-91.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites regulamentarios correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a obra que se cita:

-Adecuación da residencia da terceira idade de Burela á NBE-CPI-91, en materia de medidas de protección contra incendios.

Orzamento de licitación: 12.746.081 ptas. (doce millóns setecentas corenta e seis mil oitenta e unha pesetas).

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación requirida: por razón da contía non se esixe clasificación. Non obstante os licitadores deberán acredita-la condición de instalador debidamente autorizado.

Exposición do proxecto: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial, rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados.

O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar no servicio de administración e xestión económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económicas das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fianza provisional: 254.922 ptas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, así como o documento que acredite a condición de instalador debidamente autorizado.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación ás 11 horas do undécimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

O importe dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 25 de xuño de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

5393