Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 18 de xuño de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Pinota, Méndez, Parque e Ramo, pertencentes á comunidade veciñal da parroquia de Forcadela (concello de Tomiño).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man de Pontevedra, en sesión celebrada o día 22-12-1994, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Tomiño.

Parroquia: Forcadela.

Nome dos montes: Pinota, Méndez, Parque e Ramo.

Monte Pinota.

Cabida: O,1 ha.

Lindes:-Norte: predios particulares.-Sur e leste: camiños.-Oeste: propiedades particulares.

Monte Méndez.

Cabida: O,O967 ha.

Lindes.-Norte: camiño.-Sur, leste e oeste: propiedades particulares.

Monte do parque.

Cabida: O,1229 ha.

Lindes:-Norte, sur e oeste: propiedades particulares.-Leste: camiño.

Monte Ramo.

Cabida: 1,1 ha.

Lindes:-Norte: camiño.-Sur, leste e oeste: predios particulares.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados a efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte a súa publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989 de 1O de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 26O/1992 polo que se aproba o Regulamento para a execución de dita lei.

Pontevedra, 18 de xuño de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

9605460