Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de espacios naturais dos expedientes sancionadores C-171/1995 e C-176/1995 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.956 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo den

tro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de apremio.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 7 de xuño de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-171/1995.

Denunciado: Luis Alfonso Paz Martínez.

Último enderezo coñecido: r/ Rotea, 82-Sampaio-Vigo.

Feito denunciado: instalar unha rede circular empregando como reclamo dous exemplares de xílgaros silvestres, e ocultándose a continuación nunha casa en construcción.

Precepto infrinxido: Art. 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e sauna silvestre.

Sanción: 75.000.

Expediente: C-176/1995.

Denunciado: Álvaro Fernando Suárez Suárez.

Último enderezo coñecido: Rúa Figueirido, 11-Baixo B-Vigo.

Feito denunciado: cazar frinxílidos con rede e reclamo.

Precepto infrinxido: Art. 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e sauna silvestre.

Sanción: 75.000.

5468