Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores C-62/1995 e C-92/1995 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións de ditos expedientes, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre a caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.596 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de paga-la contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 7 de xuño de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-62/1995.

Denunciado: Luis Jiménez Barrul.

Último enderezo coñecido: Polígono, 3-Portal A. Barrio de Relva-Torneiros-O Porriño.

Feito denunciado: cazar en época de veda.

Precepto infrinxido: Art. 48.1.18 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 5.000.

Expediente: C-92/1995.

Denunciado: José Gerardo Torres Souto.

Último enderezo coñecido: Los Duranes, Edf. Trebol, 5º A-Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: practica-lo deporte da caza con arma longa, non portando o seguro de responsabilidade civil do cazador.

Precepto infrinxido: Art. 48.3.53 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 2.000.

5379