Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra, declarada de urxencia, de adaptación de espacios para aulas na Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso de procedemento aberto da obra, declarada de urxencia, que se cita:

-Adaptación de espacios para aulas na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela (A Coruña).

Orzamento de licitación: 42.369.222 (corenta e dous millóns trescentas sesenta e nove mil duascentas vintedúas pesetas). Non se admiten variantes económicas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición do proxecto: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construc

cións e Equipamento, da Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 ás 14 horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das cláusulas administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da dita cualificación, a fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaráa a mesa de contratación ás 12 horas do día 21 de agosto de 1996, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5214