Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de xuño de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente número OR-01516-O-95).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras

dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caos de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense, 19 de xuño de 1996.

José Ignacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense

ANEXO

Expediente: OR-01516-O-95.

Matrícula: OR-2236-H.

Denunciante: G.C. Tráfico. 3203/35452557.

Denunciado: Sorga Souto, Delfín.

ültimo domicilio coñecido: Zurbarán, 8 32002 Ourense.

Feito denunciado: circular transportando froita, desde A Gudiña a Ourense, carecendo no vehículo da tarxeta visado de transportes. Servicio público.

Data-Hora-Estrada-p.k.: 26-10-95; 12.10; N-525; 152.

Precepto infrinxido: Art. 142 B LOTT; Art. 199 B ROTT.

Precepto sancionador: Art. 143 LOTT; Art. 201 ROTT.

Sanción imposta: 5.000.

9605587