Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín, treito: Seoane-Mougán, clave: N/LU/90.4.2.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución encóntranse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa orzamentario 413B, denominado «Construcción, conservación e explotación de estradas».

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 15 de abril de 1996 aprobouse o proxecto das obras de alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín. Treito: Seoane-Mougán. Clave: N/LU/90.4.2.

O Consello da Xunta de Galicia polo Decreto 149/1996, do 25 de abril, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por estas para efectos da aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas no taboleiro de anuncios dos concellos de Guntín e Lugo para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos terreos, de consideralo necesario.

-Concello de Guntín:

Lugar: o levantamento de actas será na antiga escola de Lousada.

Día: 5 de agosto de 1996, de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. Titulares con apelidos desde «Abella» ata «López Rodríguez».

Día: 6 de agosto de 1996, de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. Titulares con apelidos desde «Lorenzo» ata «Vigo Morán».

-Concello de Lugo:

Lugar: o levantamento de actas será na antiga escola de Lousada (Guntín).

Día: 5 de agosto de 1996, de 10 a 14 horas. Titulares con apelidos desde «Castro» ata «Vivero Vázquez».

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo ir acompañados, á súa custa, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e dun notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública durante un prazo de quince (15) días naturais, contados a partir

do seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, sita na Ronda da Muralla, 131, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 12 de xullo de 1996.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

5124