Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de xuño de 1996, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito Varios, en valores 28/1995, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito Varios nº 28/1995 de data 12-1-1995, por importe de 1.000.000 de ptas., constituído na Caixa de Depósitos desta delegación en Valores, garantindo a María Lurdes Pereira de Freitas e á disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públi

cas e Vivenda para responder do expediente nº 977/1995, punto km 14,200, estrada OU-404, municipio Cartelle formúlase requerimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, a contar desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 26 de xuño de 1996.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

9605593