Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (012-22/1992 e dous máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 23 de outubro de 1995 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, baixo a presidencia do delegado, e coa asistencia do vicepresidente Eduardo Prada Guzmán, os vocais Manuel Martínez Garrido, Emilio Sánchez Coto, Manuel Veiga Franco e do secretario Nilo Fernández Ortiz, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número: 012-22/1992.

Denominación: monte de Souto.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Souto.

Parroquia: Ribeira.

Concello: Cervantes.

Superficie: 62 ha.

Lindeiros:

Norte: límite co concello de Navia de Suarna. Leste: termo municipal de Navia de Suarna. Sur: monte de Drada e Orbán. Oeste: predios particulares, coa estrada de Becerreá a Navia e río Navia no medio, dividindo co concello de Becerreá.

Descrición do perímetro:

Polo oeste: segue o cerramento dos predios particulares de Souto, que separan este monte do concello de Becerreá. Polo norte: segue o límite co concello de Navia de Suarna segundo o río Ser, do que se afasta seguindo a mouteira entre concellos, de norte a sur subindo a Campa da Solana, onde comeza a limitar co monte de Drada e Orbán, co que sobe en dirección SO a Campa do Goladín e baixa a Furada da Moura, xa no límite con predios particulares de Figón e Souto, onde se comezou.

Expediente número: 012-24/1992.

Denominación: monte de Vilartote.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilartote.

Parroquia: Cancelada.

Concello: Cervantes.

Superficie: 40 ha.

Lindeiros:

Norte: termo municipal de Becerreá (Bolado). Leste: predios particulares de Vilartote e montes de Estrada. Sur: termo municipal das Nogais, (Vilavexe). Oeste: termo municipal das Nogais, (Vilavexe).

Descrición do perímetro:

Comezando no extremo NO en Pena do Couso, onde están as tres raias deste concello de Cervantes cos das Nogais e Becerreá, baixa de oeste a leste por unha valgada facendo límites co monte de Bolado (Becerreá) ata as cerradas particulares do regueiro de Cancelada. Polo leste segue os cerramentos destes predios e os de Vilartote ata chegar ó regueiro de Ruisal, polo que sobe limitando co monte de Estrada, co que segue por unha lomba a Lameira Ruisal. Polo sur divide co monte de Vilavexe, seguindo a mouteira co concello das Nogais, na dirección NO ata chegar a Pena do Couso.

Expediente número: 024-64/1992.

Denominación: montes de Laiosa.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Laiosa.

Concello: O Incio.

Superficie: 37 ha.

Lindeiros: os límites mais salientables, segundo os lugares son:-Mourelos y Laxelas:

Parcela I. Norte: parroquia de Vilasouto. Leste: propiedades particulares. Sur: propiedades particulares. Oeste: termo municipal de Bóveda.

Parcela II. Norte: propiedades particulares. Leste: propiedades particulares. Sur: estrada O Incio-Bóveda e camiño de servicio. Oeste: camiño de servicio.-Carrascal:

Norte: propiedades particulares. Leste: propiedades particulares. Sur: propiedades particulares. Oeste: propiedades particulares.-Teso de Padornelo:

Norte: propiedades particulares. Leste: propiedades particulares. Sur: propiedades particulares. Oeste: propiedades particulares.-Teso de Xestelo:

Norte: propiedades particulares. Leste: propiedades particulares. Sur: estrada de Laiosa a Canedo. Oeste: propiedades particulares.-Bouzallos da Veiga:

Norte: camiño de servicio. Leste: propiedades particulares. Sur: propiedades particulares e termo municipal de Bóveda. Oeste: termo municipal de Bóveda e camiño de servicio.-Chao:

Norte: termo municipal de Bóveda e propiedades particulares. Leste: propiedades particulares. Sur: propiedades particulares. Oeste: termo municipal de Bóveda.

Descrición do perímetro:-Mourelos e Laxelas:

Parcela I. Partindo do Alto dos Mourelos e na dirección leste, limita coa parroquia de Vilasouto; despois e mediante paredes vai separándose das pro

piedades particulares ata chegar ó límite co termo municipal de Bóveda co que limita polo oeste e na dirección norte chégase ó punto de partida.

Parcela II. Partindo do punto situado máis ó norte e na dirección sueste limita cos predios particulares mediante unha parede, ata chegar á estrada O Incio-Bóveda; de aquí en dirección NO sepárase das propiedades particulares mediante un camiño de servicio; cerran o perímetro propiedades particulares.-Carrascal: sepárase das propiedades particulares por muros e cerramentos.-Teso de Padornelo: encóntrase rodeado por unha parede que o separa das propiedades particulares.-Teso de Xestelo: o único límite salientable é a estrada de Laiosa a Canedo polo sur.-Bouzallos da Veiga: partindo do punto situado máis ó norte en dirección SO vai separándose das propiedades particulares seguindo unha liña crebada ata chegar ó punto situado máis ó sur. De aquí e en dirección NO limita co termo municipal de Bóveda ata chegar ó punto situado máis ó oeste. Continúa a liña na dirección NE por un camiño de servicio ata o punto de comezo.-Chao: partindo do punto situado máis ó norte e en dirección SE limita

coas propiedades particulares, atravesando a estrada O Incio-Bóveda. A partir de aquí toma unha dirección variable, aínda que o resultado é que se dirixe cara ó SE ata chegar ó límite co concello de Bóveda, co que limita cunha dirección predominante NE ata cerrar no punto de comezo.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses desde a súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 23 de outubro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

9605365