Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.119

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (318/1985).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento executivo, baixo o número 318/1985, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra José Manuel Mallo Liñares, representado pola procuradora María Jesús Fernández nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira. Sinalouse para que teña lugar o remate na primeira poxa o próximo día 3 de outubro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 1.631.625 pesetas.

Segunda. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 30 de outubro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que foi para a primeira.

Terceira. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 3 de decembro ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade da terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1584-17-0318/1985, e presentando o resgardo de ingreso.

Sexta. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima. Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava. En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima. Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Undécima. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados, e, se é o caso, a publicación do presente edicto serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

1. Rústica. Monte de Chan da Veiga, sito no barrio de Guadalupe desta cidade de Santiago de Compostela, de corenta e tres áreas e cincuenta e unha centiáreas. Estrema: norte, Juan Couselo e parcela segregada; leste, camiño de Guadalupe ós Vilares e parcela segregada; sur, parcela de José Fraga Becaría e oeste, resto de predio matriz e parcela segregada. Inscrita no tomo 1031, libro 073 sección segunda, folio 049, predio número 6.228. Inscrición primeira.

Importe valoración: 1.631.625 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1996.

Rubricado

5559