Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (510/1990).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber, que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 510/1990, por instancia de Banco Exterior de España, representado polo procurador García-Piccoli, contra Ángel Gavieiro Díaz e Olga Besteiro Orozco, nos cales se acordou sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 18 de setembro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 24.164.375 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de resultar deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo 18 de outubro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

Terceira.-De resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 18 de novembro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para poder tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0510/90, presentando o resgardo de ingreso

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poida esixirse ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores, e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderanse facer ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de ter que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que estea sinalada a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pide o acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados, e se é o caso, a publicación deste edicto serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Bens mobles:

1. Camión Ebro, E-60, matrícula B-7762-AS: 25.000 ptas.

2. Camión Avia plataforma, 3R, matrícula C-1967-O: 25.000 ptas.

3. Vehículo especial camión, matrícula LU-73089-VE: 125.000 ptas.

4. Tractor Agr. Barreiros 5500, matrícula LU-35286-VE: 225.000 ptas.

5. Peugeot 505 SRD, matrícula OR-0425-F: 150.000 ptas.

6. Renault R-5 GTL, matrícula LE-5323-F: 100.000 ptas.

Total valoración bens mobles: 650.000 ptas.

Bens inmobles:

1. Parcela de terreo, na Leira da Millara, destinada a labradío e inculto, situada no termo da parroquia de Palas de Rei, municipio do mesmo nome, dunhas dúas áreas e sesenta e cinco centiáreas, que linda ó norte, en liña aproximada de dezaseis metros e cincuenta centímetros, con Eduardo Quintas Pacín; ó sur, en liña de sete metros noventa centímetros, coa estrada de Santiago de Compostela; leste, en liña de vinte metros, con rúa en proxecto dentro do predio orixinario e ó oeste, en liña de vintecinco metros trinta centímetros, con Ramón Gómez. Inscrita no tomo 595, libro 071, folio 250, predio número 10.422. Inscrición primeira.

2. Redondelo, a monte e labradío, situado nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, dunha hectárea e sesenta e cinco áreas en total aproximadamente, que linda: norte, Manuel Morandeira e camiño de servidume; leste, camiño público; sur, estrada Lugo-Santiago de Compostela; e oeste, Manuel Fernández. Inscrito no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 022, predio número 9.433. Inscrición primeira.

3. Tarreo do Pasadoiro, a labradío, situado nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, dunhas quince áreas, que linda: norte, estrada de Lugo a Santiago de Compostela; sur, José Quintela; leste, José Rodríguez e oeste, Manuel Fernández, Manuel Morandeira e camiño de servidume. Inscrito no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 024, predio número 9.434. Inscrición primeira.

4. Monte e labradío chamado Agro e Leira Nova, situado nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, dunha hectárea aproximadamente, que linda: norte, herdeiros de Manuel Fernández e José Quintela; sur, camiño público; leste, Manuel Morandeira e oeste. Inscrito no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 025, predio número 9.435. Inscrición primeira.

5. Prado chamado Da Fonte, co seu Gonzado, Habal do Prado e Carballeira de Gonzado, situado nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, duhas noventa áreas, que linda: norte,

Francisco Gavieiro Díaz; leste, Manuel Morandeira; oeste, camiño público e estrada de Lugo a Santiago de Compostela e sur, prado de Manuel Varela. Inscrito no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 026, predio número 9.436. Inscrición primeira.

6. Prado da Alcantarilla, situado nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, duhas quince áreas, que linda: norte, camiño público e estrada de Lugo a Santiago de Compostela; sur, Francisco Gavieiro Díaz; leste e oeste, camiño. Inscrito no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 027, predio número 9.437. Inscrición primeira.

7. Monte chamado Costa Vella, situado nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, duhas vintecatro áreas, que linda: norte e sur, herdeiros de José María Prado; leste, camiño de servidume, e oeste, monte do Rosario. Inscrito no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 028, predio número 9.438.

8. Prado de regadío denominado Da Fonte, situado nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, dunha superficie total de quince áreas e sete centiáreas, que linda: norte, estrada; sur e oeste, máis terreo de Ángel, María Hilda, María Digna Gavieiro Díaz e Manuel Besteiro Seijas actualmente, e leste, camiño público. Inscrito no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 029, predio número 9.439.

8. Leira chamada Da Mamurria, situada nos termos da parroquia de Lestedo, municipio de Palas de Rei, dunha superficie total aproximada de quince áreas e cincuenta e seis centímetros, que linda: norte, Guillermo Blanco; sur, máis terreo adxudicado ós irmáns Gavieiro Díaz, camiño en medio; leste, os mesmos irmáns Gavieiro Díaz, camiño en medio, e oeste, camiño público. Inscrita no tomo 571, libro 067 de Palas de Rei, folio 030, predio número 9.440.

1º. 7.950.000 pesetas.

2º. 1.856.250 pesetas.

3º. 562.500 pesetas.

4º. 5.625.000 pesetas.

5º. 1.350.000 pesetas.

6º. 2.250.000 pesetas.

7º. 1.350.000 pesetas.

8º. 1.695.375 pesetas.

9º. 875.250 pesetas.

Total: 23.514.375 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, vintenove de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

4864