Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.070

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para o finaciamento de estadías de profesores visitantes, convocado no anexo VI da Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio), pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A Orde do 2 de maio de 1996 pola que se convocan e aproban as bases polas que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador (DOG do 14 de maio), prevé, no seu anexo VI, a concesión de axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes. De acordo co establecido no punto 4 das bases da convocatoria, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e estudiadas as peticións remitidas polas universidades de Galicia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que se relacionan a continuación, co fin de contribuír ó financiamento da estadía dos profesores visitantes que se indican:

-Universidade da Coruña.

Profesores visitantes:

Ausio, Juan

García Riverón, Raquel

Hackley, Steven

Kharin, Víctor S.

Korochkin, Leonid

Período global: 20 meses.

Contía da axuda: 5.500.000 ptas.

-Universidade de Santiago de Compostela.

Profesores visitantes:

Aubenque, Pierre

Dietz Guerrero, Bernhard

Gavrilin, Mikhail

González Fernández-Corugedo, Santiago

Koch, Henrik

Kolandaivel, Ponmalai G.

Kordyukov, Yuri

Milikhova, Elena

Mlynarski, Peter

Murali, Krishnamurthy

Nieto, Sonia

Panico, Carlo

Ramos Torres, Eduardo

Tamazian, Vakhtang

Vázquez Villabeitia, Manuel

Período global: 20 meses.

Contía da axuda: 5.500.000 ptas.

-Universidade de Vigo.

Profesores visitantes:

Abdallah, Chaouki

Blondel, Vicent

Del Sol Mesa, Antonio

Distefano, Mario

Dugan, Jennyfer E.

Ferreira Faro, Liliana R.

Kostylev, Vladimir

Meyer, Robert R

Tarieladze, Vaja

Período global: 19,5 meses.

Contía da axuda: 5.362.500 ptas.

Segundo.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

5482