Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.069

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten e axudas para a formación de profesorado en novas titulacións, convocados nos anexos I e II da Orde do 26 de abril de 1996 (DOG do 10 de maio) pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

A Orde do 26 de abril de 1996 (DOG do 10 de maio), pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario prevé, respectivamente, nos seus anexos I e II, a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten e de axudas para a formación de profesores en novas titulacións.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás propostas elaboradas pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle unha bolsa para actualización do profesorado respecto da materia que

imparten ás persoas que se relacionan no anexo I á presente resolución, para realizar unha estadía no centro que se sinala, durante o período que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-Concederlle unha axuda para a formación de profesores en novas titulacións ás persoas que se relacionan no anexo II á presente resolución, durante o período que se especifica e na contía que se sinala en cada caso.

Terceiro.-Os pagamentos destas bolsas faranse de acordo co establecido nas respectivas bases da convocatoria (puntos I.3 e II.4).

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 26 de abril de 1996 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicion derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

ANEXO I

BolseiroLugarDuración

(meses)

Contía

mensual

Axuda

Institucional

Contía

total

Baña Castro, ManoelFacultade de Psicoloxía.

Universidade da Laguna

España

1100.00050.000150.000

Barbeito Varela, José ManuelSchool o English Studies

Universidade de Cardiff

Reino Unido

1150.00080.000230.000

Blanco Outón, CristinaBiblioteca da Universidade de Londres

Reino Unido

1150.00080.000230.000

Criado Boado, CeciliaFacoltá di Lettere e Filosofía

Universidade de Pisa

Italia

1150.00080.000230.000

ANEXO II

BolseiroLugarDuración

(meses)

Contía

mensual

Axuda

Institucional

Contía

total

González Fontao, Mª del PilarUniversidade de Sevilla

España

1100.00050.000150.000

Lavandeira Villot, XavierUniversity College

Londres

3150.00080.000530.000

5315