Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 19 de xullo de 1996 Páx. 7.045

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de xullo de 1996 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia 1/1995 convocado pola Orde do 14 de decembro de 1995.

Convocado concurso 1/1995 pola orde desta consellería do 14 de decembro de 1995 (DOG nº 240 do 18 de decembro) e á vista das propostas de adxudicación de vacantes ós participantes na primeira

e segunda fase do concurso, elevadas polas comisións de valoración de méritos dos concursantes, mediante acordos adoptados na sesión do 12 de xullo de 1996, esta consellería, de conformidade co previsto na base V.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 1/1995, adxudicando os/as funcionarios/as que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que se especifican neles, tanto da primeira fase do concurso como da fase de resultas.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtiveron un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efecturarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día 1 de setembro de 1996.

Terceiro.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5492