Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 19 de xullo de 1996 Páx. 7.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as sociedades de arrendamento financeiro.

Con esta mesma data, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e trece sociedades de arrendamento financeiro asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó amparo do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia,

e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a Sociedade de Arrendamento Financeiro...

En Santiago de Compostela, o 4 de xullo de 1996, establécese o presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández, e doutra parte, pola sociedade de arrendamento financeiro... representada por D/Dª..., con poder suficiente. Este convenio inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvido mediante a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Conscientes do importante papel que as PEMES desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. A axuda consiste na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades financeiras acollidos ó presente convenio.

Este contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes cláusulas:

Cláusula 1ª.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a sociedade de arren

damento financeiro... e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co fin de establece-las liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para pequenas e medianas empresas, someténdose as partes, en todo, ó establecido no mencionado Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2ª.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos en actividades de comercialización, distribución, acordos tecnolóxicos e cooperación empresarial, non será necesario que a actividade incentivada se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, a dita actividade teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade dela coa empresa ou centro de traballo radicado na dita Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes de subsidiación na entidade financeira iníciase o día da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, data da súa entrada en vigor, e remata o 31 de outubro de 1996. En consideración ás solicitudes presentadas e á capacidade orzamentaria para atendelas, o Igape poderá anticipa-la data límite para a presentación de solicitudes na entidade financeira.

Cláusula 3ª.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude do presente convenio e destinados ó financiamento de proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos, adquiridos a terceiros, que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

Cláusula 4ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas (PEMES) conforme a definición establecida pola Unión Europea. Para os efectos do presente convenio, terá a

consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que non teña máis de 250 traballadores, e

b) Que teña ben un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de ECUS, ou ben un balance xeral, activo total, non superior a 27 millóns de ECUS, e

c) Que o seu capital non estea participado en máis dun 25% por empresas que non cumpran os requisitos anteriores agás se estas son empresas públicas de investimento, empresas de capital risco ou, sempre que non se exerza o control, se son investidores institucionais.

Para os efectos da aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o tipo de cambio do ECU vixente na data de entrada en vigor da Orde do 18 de abril de 1996: 1 ECU: 156,320 pesetas.

No caso de que durante a vixencia deste convenio a Unión Europea establecera unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza.

2. Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as empresas que, sen teren a condición de PEME, de acordo coa definición anterior, se consideren de especial interese socioeconómico polo Igape ou respecto ás que a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

Para o caso de que os fondos para a formalización dos contratos de arrendamento financeiro sexan facilitados polo ICO tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as empresas que teñan un cadro de persoal inferior a 500 traballadores, o seu inmobilizado neto sexa inferior a 11.500 millóns de pesetas e que non estean participadas en máis dun 33% por unha gran empresa, agás que esta sexa empresa pública de promoción ou empresa de capital risco.

Cláusula 5ª.-Actividades subvencionables.

1. Considéranse incentivables, de acordo co establecido no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e na Orde do 18 de abril de 1996, as seguintes actividades económicas:

a) As de extracción, procesamento, transformación e comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento, transformación e comercialización de minerais ou os seus derivados.

c) A industria transformadora, o comercio, o turismo, a artesanía e os servicios de apoio industrial.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

f) A investigación técnica e aplicada, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, normalización, homologación, certificación, xestión, control e mellora da calidade levadas a cabo por calquera ente público ou privado.

g) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionadas con calquera das actividades anteriormente enumeradas.

Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nesta orde axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

2. Serán preferentes as seguintes:

a) A transformación e comercialización de produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras, forestais e de minerais.

b) O turismo especializado.

c) Os servicios de apoio industrial.

d) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, medio ambiente, robótica, telecomunicacións e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

e) As actividades pertencentes ó sector textil.

f) As actividades pertencentes ó sector do automóbil e a súa industria auxiliar.

g) O comercio polo miúdo e o comercio por xunto.

h) A fabricación de bens de equipo.

3. Anéxase a este convenio a relación de actividades subvencionables e preferentes, de acordo coa Clasificación Nacional de Actividades Económicas.

Cláusula 6ª.-Conceptos de investimento subvencionable e materialización dos investimentos.

6.1. Os conceptos de investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado material novo adquirido a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa e serán, segundo as distintas modalidades de leasing, os seguintes:

a) Leasing inmobiliario: inmobles.

b) Leasing mobiliario: maquinaria e as súas instalacións técnicas, ferramenta, mobiliario e equipo de oficina e de proceso de información e elementos de transportes interno e, no caso de empresas de transporte, tamén elementos de transporte externo. Nos investimentos en equipos de proceso de información poderanse incluír, sempre que non superen o 20% do investimento total subvencionable, as aplicacións informáticas.

O total do investimento determinarase excluíndo o IVE e outros impostos do custo de adquisición.

6.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a vixencia deste e a empresa beneficiaria comprometerase a exerce-la opción de compra, debendo

ser realizada no momento convido; noutro caso será causa de perda da subvención.

Cláusula 7ª.-Características das operacións de leasing.

7.1. Importe dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo a financiar mediante o contrato de arrendamento financeiro será de 10 millóns de pesetas.

O importe máximo a financiar mediante contrato ou contratos de arrendamento financeiro, ó abeiro deste convenio, para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas. Excepcionalmente, naqueles casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico, poderanse admitir importes superiores.

A porcentaxe de financiamento non poderá supera-lo 95% do investimento subvencionable.

No caso de leasing inmobiliario que se financie con fondos ICO, o proxecto investidor deberá cumpri-las limitacións establecidas no convenio subscrito entre o ICO e as entidades financeiras vixente.

7.2. Duración dos contratos.

A duración dos contratos de arrendamento financeiro, segundo as distintas modalidades de leasing, será a seguinte:

a) Leasing inmobiliario: a duración mínima será de 10 anos.

b) Leasing mobiliario: a duración mínima será de 2 anos e a máxima de 5 anos, determinándose para esta modalidade a duración de acordo co establecido a continuación:

-As operacións de importes iguais ou superiores a 40 millóns de pesetas terán necesariamente unha duración de 5 anos.

7.3. Orixe dos fondos.

Para operacións de leasing inmobiliario e para operacións de leasing mobiliario a prazo de 5 anos, o 70% dos fondos para a formalización do contrato leasing seranlles facilitados polo ICO ás entidades financeiras coas que teña subscrito convenio de mediación. O 30% restante do importe da operación serán fondos da propia entidade financeira ou sociedade de arrendamento financeiro.

Para o resto das operacións de leasing mobiliario os fondos para a formalización dos contratos serán os da propia entidade ou sociedade de arrendamento financeiro.

7.4. Tipo de tarifa, comisións e axuda financeira.

7.4.1. O tipo de tarifa ou tipo de xuro que determinará a carga financeira dos contratos de arrendamento financeiro, concertados a través do presente convenio, será o seguinte:

a) Leasing mobiliario:

* Fondos facilitados directamente pola entidade de leasing:

-Prazo inferior a 5 anos: tipo fixo do 8,75%.

-Prazo igual a 5 anos: tipo de xuro variable anualmente. O tipo de tarifa será, para o primeiro ano de vixencia do contrato, o MIBOR a un ano do día anterior á formalización máis ata 1,50 puntos. A partir do primeiro ano de vixencia do contrato, será o MIBOR a un ano que se reflicta na pantalla MIBOR ás 11 horas dese día, e así sucesivamente para cada un dos anos de duración do contrato, máis un adicional de ata 1,50 puntos. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

* Fondos facilitados polo ICO: tipo de xuro variable, que será o tipo de referencia inicial do ICO máis ata 0,50 puntos, revisable para cada período anual de xuros segundo o MIBOR a 1 ano máis ata 0,50 puntos.

b) Leasing inmobiliario:

* Fondos facilitados directamente pola entidade de leasing: tipo de xuro variable. O tipo de tarifa será, para o primeiro ano de vixencia do contrato, o MIBOR a un ano do día anterior á formalización máis ata 1,50 puntos. A partir do primeiro ano de vixencia do contrato, será o MIBOR a un ano que se reflicta na pantalla MIBOR ás 11 horas dese día, e así sucesivamente para cada un dos anos de duración do contrato, máis un adicional de ata 1,50 puntos. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

* Fondos facilitados polo ICO: durante os 7 primeiros anos (prazo máximo a que presta os fondos o ICO), tipo de xuro variable, que será o tipo de referencia inicial do ICO máis ata 0,50 puntos, revisable para cada período anual de xuros segundo o MIBOR a 1 ano máis ata 0,50 puntos. A partir do oitavo ano e seguintes o tipo de xuro será o mesmo que o aplicado para a parte financiada con fondos das entidades financeiras.

O ICO comunícalle-lo tipo de xuro quincenalmente ás entidades financeiras e son os que deben aplicarse ós contratos formalizados nesa quincena, e para a parte financiada con fondos ICO. A mesma comunicación farase para cada revisión anual. Cada revisión que se produza nos contratos de leasing seranlle comunicadas individualmente ó Igape polas sociedades de arrendamento financeiro.

7.4.2. Comisións.

Para a parte das operacións financiadas con fondos ICO, o tipo de xuro é TAE e a sociedade de arrendamento financeiro non pode cobrar cantidade ningunha en concepto de comisión de apertura, gastos de estudio e comisión de dispoñibilidade.

Para a parte ou, se é o caso, o total das operacións financiadas con fondos das entidades ou sociedades de arrendamento financeiro, estas poderán percibir unha comisión máxima e única de apertura do 1%.

7.4.3. Axuda financeira.

a) Axuda do FEDER: para a parte das operacións financiadas con fondos ICO aplicarase a subvención do FEDER, que terá un importe de ata 1,75 puntos porcentuais. A operativa para o cobro desta subvención estará suxeita ás normas de funcionamento entre o ICO, o FEDER e a entidade de arrendamento financeiro.

b) Axuda financeira do Igape: a subsidiación ó tipo de xuro ou tipo de tarifa dos contratos de arrendamento financeiro será a seguinte:

b.1) Actividades subvencionables:

* Para os fondos facilitados directamente polas entidades de leasing: 2 puntos.

* Para os fondos facilitados polo ICO: 0,50 puntos.

b.2) Actividades preferentes:

* Para os fondos facilitados directamente polas entidades de leasing: 3 puntos.

* Para os fondos facilitados polo ICO: 1,50 puntos.

b.3) Por localización preferente do proxecto investidor, de acordo co artigo 8 da Orde do 18 de abril de 1996: 1 punto, calquera que sexa a orixe dos fondos facilitados para o financiamento do contrato.

Para os efectos deste convenio, considéranse zonas especialmente desfavorecidas, de acordo co artigo 8.b) da Orde do 18 de abril de 1996, aqueles concellos nos que exista un descenso de poboación superior ó 15%, e que se incorporan ó presente convenio como anexo.

O prazo de subsidiación, con independencia do prazo do contrato de leasing, non excederá dos 7 primeiros anos.

O Igape poderá diferenciar na resolución de concesión a subsidiación segundo a orixe dos fondos ou facelo de forma ponderada nunha soa expresión numérica.

7.4.4. Para actividades subvencionables, o tipo de xuro neto resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 5%. Para actividades preferentes ou con localización preferente, o citado tipo

mínimo reducirase ó 4%. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata os citados tipos efectivos resultantes.

7.4.5. Condicións das cotas de arrendamento financeiro.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumpri-los requisitos establecidos na disposición adicional 7ª da Lei 26/1988. Non obstante, poderá establecerse unha primeira cota de maior importe cás seguintes.

7.4.6. A partir da entrada en vigor deste convenio, as entidades financeiras poderán formaliza-los oportunos contratos cos seus clientes, unha vez presentada a solicitude no Igape, respectando as condicións xerais establecidas nel.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberán incluír un anexo ó contrato, intervido por federatario público, no que se faga consta-las características establecidas na dita resolución. As cotas anteriores á data de resolución non terán subsidiación do Igape.

Cláusula 8ª.-Tramitación.

8.1. Modelo de solicitude e documentación.

As solicitudes presentaranse en impreso oficial normalizado que se incorpora a este convenio como anexo. O impreso será datado e asinado polo solicitante e dilixenciado pola entidade financeira con selo e data.

Ademais do impreso de solicitude presentarase a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

* Fotocopia do DNI/NIF.

Persoas xurídicas:

* Fotocopia do CIF.

* Copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil.

* Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación, o número de traballadores actuais, o volume de negocios, o inmobilizado neto e o activo total correspondente á data de peche do exercicio 1995.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de tra

balladores actuais e o volume de negocios, o inmobilizado neto e o activo total correspondente á data de peche do exercicio 1995.

2) Certificados que acrediten estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

3) Acreditación de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

4) Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

5) Descrición e relación valorada do investimento proxectado, xuntando documentación acreditativa dela (facturas proforma, orzamentos, contratos, etc.). Para o caso de leasing inmobiliario, deberán presentar, ademais, a fórmula de financiamento da parte non financiada mediante o dito contrato.

6) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

7) Fotocopia do último TC1 e TC2.

8) Para aqueles contratos por importe superior a 75 millóns de pesetas, deberanlle xuntar á anterior documentación unha memoria que conteña os antecedentes da empresa ou dos seus promotores, as razóns que aconsellan a realización do proxecto, memoria do funcionamento, de investimentos, comercial e financeira e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

O Igape poderá solicitar toda aquela outra documentación que considere conveniente. En todo caso, o beneficiario poderá achegar ademais calquera outra documentación e información adicional que considere oportuna para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

8.2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas sociedades de arrendamento financeiro segundo o modelo normalizado xa citado, acompañado da documentación que se sinala no epígrafe anterior.

O impreso de solicitude constará de catro exemplares:

-Orixinal e primeira copia para o Igape.

-Segunda copia para a sociedade de arrendamento financeiro.

-E terceira copia para o solicitante.

A sociedade de arrendamento financeiro datará e selará os catro exemplares, entregándolle ó solicitante a terceira copia. Centralizará a recepción das solicitudes presentadas nas distintas oficinas, tendo un prazo de 15 días para resolve-la petición,

sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes nas ditas sociedades o 31 de outubro de 1996.

As sociedades de arrendamento financeiro deberán presentar no Rexistro do Igape os expedientes coa documentación completa, acompañados da comunicación de concesión do leasing (segundo o modelo que se anexa) e das correspondentes táboas de amortización, sendo o derradeiro día hábil para a súa presentación o 15 de novembro de 1996.

A presentación dos expedientes no Igape realizarase mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe).

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

8.3. Concesión.

O Igape resolverá e notificaralle ó solicitante e á entidade financeira a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación. Nos casos de resolucións de concesión, previamente á formalización ou á adaptación do contrato, o beneficiario deberá aceptar expresamente a dita resolución. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión.

8.4. Formalización.

Formalizarase o correspondente contrato de arrendamento entre a sociedade de arrendamento financeiro e o solicitante de acordo co estipulado na cláusula 7ª deste convenio.

O prazo máximo para a formalización ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 3 meses, contados desde a data de notificación da concesión ó beneficiario. Transcorrido o dito prazo considerarase a concesión nula agás autorización expresa do Igape, á vista da solicitude razoada do beneficiario e coa conformidade da sociedade de arrendamento financeiro.

No contrato de arrendamento financeiro recollerase, ademais das especificacións que establece a normativa legal, a característica de estar acollido ó convenio. Non poderá cancelarse anticipadamente o contrato sen a previa comunicación da sociedade de arrendamento ó Igape.

A sociedade de arrendamento financeiro deberalle remitir ó Igape, coa maior brevidade, dúas fotocopias do contrato, unha vez formalizado, así como certificado de conformidade sobre a entrega dos bens arrendados, debidamente subscrito polo arrendatario; certificación da carga financeira ó tipo de tarifa do contrato e ós puntos subsidiados acompañada das correspondentes táboas de amortiza

ción; compromiso do arrendatario de exerce-la opción de compra e copia dos documentos que xustifiquen o investimento.

8.5. Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a vixencia deste. Considerarase que cumpre esta condición nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos de modificación da forma societaria, sempre que se recolla na escritura a aportación dos dereitos de arrendamento dos bens financiados e a subrogación nas obrigas financeiras do contrato. Deberá acordarse ademais, polo órgano competente da sociedade, a subrogación no cumprimento das obrigas derivadas da concesión do contrato leasing subvencionable. Nos casos de fusión ou absorción de sociedades procederase de xeito análogo. A citada documentación deberá ser remitida, a través da sociedade de arrendamento financeiro, ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

No caso de que o arrendatario decidise, antes do prazo de vencemento do contrato de leasing, traspasar, vender ou aluga-lo seu negocio, as cotas seguintes perderán automaticamente a subsidiación, agás cando haxa subrogación no contrato leasing polo novo titular do negocio e este continuara coa mesma actividade ou outra que sexa subvencionable segundo se establece no Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e na cláusula 5ª do presente convenio, logo de autorización polo Igape e coa conformidade da entidade de arrendamento financeiro.

b) Cambio de entidade financeira: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do contrato noutra entidade financeira colaboradora distinta da que tramitase a solicitude, deberá solicita-lo cambio de entidade financeira a través da nova entidade prestamista, achegando nova comunicación de concesión do contrato e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos plans de investimento: poderá aceptarse sempre que non supoña un cambio na natureza do ben nin se desvirtúe o proxecto. Se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable, deberá solicitarse a dita modificación, a través da entidade financeira, previamente á formalización do contrato, ante o Igape, achegando unha memoria explicativa do cambio e novas facturas proforma explicativas desta. Só se aceptarán modificacións que impliquen unha reduc

ción da contía do investimento, podendo o Igape, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do contrato subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 7ª.

O resto das incidencias que se producisen poderanse admitir despois da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade financeira, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 9ª.-Liquidación e pagamento da subvención.

O importe da subvención calcúlase aplicando os puntos de subsidiación á carga financeira pola totalidade do prazo de duración do contrato. O dito cálculo efectuarase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización tomándose como tipo de xuro os puntos de subsidiación. O total da columna «carga financeira» así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

A liquidación da subsidiación efectuarase anualmente e polo importe correspondente ó número de meses de vixencia do contrato durante o ano a liquidar. O importe mensual da subvención será constante.

Nos casos de variación anual do tipos de xuro, e se lle é de aplicación a limitación ós puntos de subsidiación establecida no apartado 7.4.4 deste convenio, efectuarase un novo cadro de amortización ó tipo de subsidiación resultante pola totalidade do período, correspondéndolle á liquidación anual de que se trate a parte proporcional ó ano que se liquida.

O pagamento da subvención ó beneficiario realizarase a través da sociedade de arrendamento financeiro, que presentará, por duplicado, ante o Igape, xunto coa certificación de solicitude de cobro da subvención, unha relación individualizada das súas operacións, especificando o número de expediente, titular, importe do contrato, data de formalización, data de vencemento, prazo en meses, carga financeira total establecida no contrato, carga financeira total que correspondería aplicando os puntos obxecto de subsidiación, importe da subvención total, número de meses de vixencia do período a liquidar e importe da subvención solicitada.

Para operacións acollidas a este convenio e formalizadas durante o exercicio de 1996, as sociedades de arrendamento financeiro poderán presenta-la solicitude de cobro da subvención dentro dos 15 primeiros días do mes de xaneiro do ano 1997.

Para exercicios posteriores, a dita solicitude presentarase na primeira quincena do mes de xullo de cada ano.

Cláusula 10ª.-Compromiso das sociedades de arrendamento financeiro.

A sociedade que subscribe o presente convenio comprométese a aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio e no Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, e a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, ata un importe máximo de ... millóns de pesetas.

Así mesmo, a entidade financeira asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 18 de abril de 1996, as proporcións fixadas no citado artigo do 40% (... millóns de pesetas) para actividades subvencionables e do 60% (... millóns de pesetas) para actividades preferentes sobre a cota asignada de ... millóns de pesetas.

No caso de que unha entidade teña acadado o límite sinalado, deberá solicitar, entre o 15 e o 31 de outubro de 1996, autorización expresa ó Igape, para tramita-las solicitudes que tivese pendentes de presentar.

Cláusula 11ª.-Compatibilidade.

Os bens obxecto do contrato de arrendamento financeiro non poderán ser incluídos noutros proxectos investidores financiados en todo ou en parte mediante créditos ou préstamos con subvención ó tipo de xuro.

Estas axudas serán compatibles con outras a fondo perdido establecidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración pública, sempre que a axuda non sobrepase, en termos de subvención neta equivalente, os límites legalmente establecidos.

Para o cálculo da axuda da subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións a percibir.

b) Actualizaranse ó ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 12ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial a instancia da sociedade de arrendamento financeiro, por incumprimento do contrato de arrendamento financeiro, e nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado.

A sociedade de arrendamento financeiro queda obrigada a comunicarlle ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de paga

mentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

2. Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia do xuro de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da condición de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exerce-la opción de compra no momento convido.

f) No caso de mora ou non pagamento das cotas polo arrendatario, a sociedade de arrendamento financeiro queda obrigada a comunicarlle ó Igape tal circunstancia, retendo a subsidiación correspondente en canto o beneficiario non regularice a súa situación. De non facelo, o arrendatario procederá á devolución ó Igape das cantidades indebidamente percibidas.

Transcorridos 30 días naturais desde a data de notificación do correspondente acordo de cancelación da subvención sen que se efectuase o reintegro da cantidade esixida nel, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento.

3. Así mesmo, o Igape poderalles esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración en casos de culpa, neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

Cláusula 13ª.-Normas operativas.

As entidades asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo sexan dictadas polo Igape, para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 14ª.-Información e inspección.

O Igape poderalles solicitar ás sociedades de arrendamento financeiro e ós beneficiarios, e durante a vixencia do contrato, calquera información ou documentación que considere oportuna; así como proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios das axudas.

Cláusula 15ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de anticipación, supoñerá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 16ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha «comisión de vixilancia e seguimento», integrada polas sociedades de arrendamento financeiro ou ICO e representantes do Igape, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 17ª.-Publicidade.

As entidades asinantes comprométense a amosar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar unha maior eficacia, os proxectos e campañas publicitarias, se é o caso, serán sometidas á aprobación previa do Igape.

Cláusula 18ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa, correspondéndolle ó Igape a interpretación do seu contido.

Polo Igape,

Asdo.: José Antonio Orza Fernández

Presidente do Igape

Pola sociedade de arrendamento financeiro,

Asdo.:...

DNI:...

Pola entidade financeira,

Asdo.:...

DNI:...

Modelo de comunicación de concesión contrato leasing

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Rfa: CONVENIO Leasing-96

R/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo

Santiago de Compostela

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de arrendamento financeiro presentada nesta sociedade acollida ós beneficios regulados polo decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, e ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicámoslles a vostedes que foi autorizado o contrato de arrendamento financeiro coas características que se detallan:

Beneficiario:

Nº contrato Leasing:

Características da operación:

Modalidade: Inmobiliario o Mobiliario o

Total investimento (segundo solicitude):

Imp. contrato: Entrega inicial: Imp. a financiar

Prazo:

Actividade (descrición):

Epígrafe CNAE: Subvencionable: o Preferente: o

Orixe dos fondos:

Do ICO:

Importe:... Porcentaxe:... Puntos subsidiación:... Carga financeira:...

Da entidade financeira:

Importe:... Porcentaxe:... Puntos subsidiación:... Carga financeira:...

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto.

Data e sinatura.

Concellos das provincias da Coruña e Pontevedra nas que existe un descenso de poboación superior a un 15%

Provincia da Coruña

Concello

Moeche

Somozas (As)

Monfero

Mesía

Sobrado

Val do Dubra

Toques

Cesuras

Paderne

Boqueixón

Mañón

Vilarmaior

Vilasantar

Baña (A)

Laxe

Ortigueira

Capela (A)

Provincia de Pontevedra

Concello

Cotobade

Lama (A)

Vila de Cruces

Estrada (A)

Forcarei

Covelo (O)

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS COLABORADORAS

Banco Bilbao Vizcaya Leasing

Banco Central Hispano

Banco de Asturias

Banco de Galicia

Banco Español de Crédito Leasing

Banco Exterior de España Leasing

Banco Gallego

Banco Popular

Bansander de Leasing

Hispamer

Lico Leasing, S.A.

Pastor Leasing, S.A.F., S.A.

Caixa Galicia

96-5508