Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Universitaria e Centros, pola que se autoriza a impartición da profesión de auxiliar de clínica da rama sanitaria ó centro privado Vivas de Vigo, Pontevedra.

Examinada a solicitude formulada por Remedios Vivas de la Fuente, titular do centro privado Vivas de Vigo, pola que interesa a autorización para imparti-la profesión de auxiliar de clínica da rama sanitaria nun so ano académico, ós alumnos que posúan o título de bacharelato unificado polivalente ou equivalente.

Vista a Orde do 7 de xuño de 1989 (BOE do 23) e tendo en conta que no punto sétimo da dita orde indica que os alumnos que posúan o titúlo de bacharelato superior ou o de BUP e desexen realiza-los estudios de formación profesional de primeiro grao, poderán cursa-las materias das áreas pendentes nun só ano académico.

Esta dirección xeral, logo de informe da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos e en virtude da autorización prevista na disposición derradeira, primeira, da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15-12), pola que se desenvolve o decreto sobre autorización de centros docentes privados, para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias,

RESOLVE:

Autorizarlle ó centro privado Vivas de Vigo a impartición da profesión de auxiliar de clínica da

rama sanitaria nun so ano académico ós alumnos que teñan o título de BUP ou equivalentes.

A presente autorización non supón incremento do número de unidades autorizadas nin ampliación do concerto do dito centro.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

5275