Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de xuño de 1996 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas.

Por Orde do 6 de febreiro de 1996 (DOG do 25 de marzo) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1996 e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas que teñan nos seus estatutos como fin preferente a formación do profesorado e non teñan a consideración de movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.3221.480.0, as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase, unha vez feita a debida xustificación, segundo instruccións recibidas da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, que se deberá realizar ata o 10 de outubro de 1996 para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e ata o 10 de decembro de 1996, para as actividades que se realicen entre o 1 de outubro e o 9 de decembro incluídos.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa poblicación no DOG.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1996.

Celso Curras Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Colexio Oficial de Doutores e Licenciados de Ourense: 2 actividades: 211.000 ptas.

-Asociación de Profesores de Francés de Galicia: 1 actividade: 211.000 ptas.-MRP. Lucus: 2 actividades: 211.000 ptas.-AGAPSI: 1 actividade: 211.000 ptas.-Aula Castelao de Filosofía: 1 actividade: 211.000 ptas.-Asociación de Directores de CPs. da Coruña: 1 actividade: 211.000 ptas.-AMEFCOR: 1 actividade: 211.000 ptas.-APIGA: 5 actividades: 211.000 ptas.-CIG.: 7 actividades: 211.000 ptas.-DOLMEN: 15 actividades: 211.000 ptas.-Escola para todos: 8 actividades: 211.000 ptas.-ASPEGA: 39 actividades: 211.000 ptas.-STEG: 1 actividade: 211.000 ptas.-Quinesia: 1 actividade: 211.000 ptas.-Matinando, Asociación Cultural: 1 actividade: 211.000 ptas.-CANDEA, Asociación de Ensinantes do Salnés: 7 actividades: 211.000 ptas.-Seminario Permanente de Educación para a Paz: 4 actividades: 211.000 ptas.-Enciga: 1 actividade: 211.000 ptas.-AGPETAL, Asociación Galega de Profesores -Especializados en Técnicas de Audición e Linguaxe-Logopedia: 2 actividades: 95.000 ptas.-Espacio Educativo: 1 actividade:

95.000 ptas.

5276