Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.951

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 15 de xullo de 1996, dos tribunais designados para xulga-los procesos selectivos para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) polo que se corrixen erros materiais nas listas das puntuacións obtidas na fase de concurso feitas públicas polo anuncio publicado no DOG número 134, do 9 de xullo.

Advertidos erros materiais nas listas publicadas o día 9 de xullo, relativos ás puntuacións da fase de concurso dos aspirantes ó acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) cómpre face-las seguintes rectificacións que se publican nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Así mesmo para os efectos desta corrección, o prazo de 10 días de que dispoñen os interesados para formular reclamacións computarase desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1996.

5160