O Pleno do Concello de Muxía, na sesión plenaria do 16 de maio de 1996, aprobou o texto refundido das normas subsidiarias de planeamento de Muxía, integrado polos documentos no seu día xa aprobados definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo, así como os incorporados posteriormente polas esixencias dos informes emitidos polos diversos organismos e requiridos na aprobación definitiva das normas pola Comisión Provincial de Urbanismo.
O texto íntegro das normas queda exposto ó público nas oficinas municipais durante o prazo de 30 días, para efectos de posibles reclamacións.
Muxía, 16 de maio de 1996.
Alberto Blanco Rodríguez
Alcalde
5079