O concello, en sesión plenaria do 26 de xuño de 1996 adoptou o seguinte acordo:
Aprobar inicialmente a modificación puntual número tres do texto refundido das normas de ordenación subsidiarias de planeamento do termo municipal de Laracha, para a súa adecuación ó paseo marítimo en Caión.
De conformidade co disposto no artigo 114-1, do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aprobou a Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública por prazo dun mes.
Lugar da exposición: oficina técnica (2ª planta da Casa do Concello).
Horario: 10 a 15 horas.
Laracha, 26 de xuño de 1996.
Jesús Rama Becerra
Alcalde
5400