Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.910

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Gallega de Consulting, S.A.

Visto o expediente do convenio colecctivo de Gallega de Consulting, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-4-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo delegado de persoal o 10-4-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica y social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de abril de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo Gallega de Consulting, S.A. Ano 1996

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de obrigada observancia en tódolos centros de traballo de Gallega de Consulting, S.A. da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo afecta a tódolos traballadores da empresa, coa única excepción do persoal de alta dirección (nivel 0) da táboa de categorías.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio é dun ano, iniciando a súa vixencia para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996 e prorrogarase anualmente por tácita aceptación, e nos seus propios termos, en tanto non se solicite a súa revisión e se formule a súa necesaria denuncia. Mentres non se alcance un novo acordo, todo o contido do presente convenio terá vixencia.

Artigo 4º.-Denuncia e revisión.

Calquera das partes asinantes do presente convenio colectivo poderá pedir, mediante denuncia notificada por escritos á outra parte, a revisión del, con dous meses mínimos de antelación ó vencemeneto do convenio e/ou de calquera das súas prórrogas.

No caso de solicitarse a revisión do convenio, a parte que formule a súa denuncia deberá achegar unha proposta sobre os puntos e contido que comprenda a revisión solicitada.

Denunciando o convenio nos termos anteriormente establecidos, as partes obríganse a comeza-las conversacións para negocia-la revisión no prazo non superior a un mes antes da data de vencemento do convenio ou da próroga.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e non producirá efecto ningún no suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das facultades que lle sexan propias, obxectase ou invalidase algún dos seus pactos ou non aprobase a totalidade do seu contido.

Artigo 6º.-Comité paritario de vixilancia e interpretación.

Quédalle encomendada a vixilancia e interpretación dos pactos contidos no presente convenio a un comité paritario que se constituirá no prazo máximo de vinte días contados desde a data da súa publicación no BOP da Coruña.

As partes asinantes acordarán o regulamento de funcionamento do citado comité, que estará integrado por un representante de cada unha das dúas partes signatarias do convenio.

Artigo 7º.-Período de proba e ingreso.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, que en ningún caso excederá de seis meses para o persoal dos niveis 1 ó 4, de dous meses para os niveis 5 a 7 e 15 días para os demais traballadores. A empresa e o traballador están respectivamente obrigados a realizaren as experiencias que constitún o obxecto da proba.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, coma se fose de cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia de calquera das partes durante o seu transcurso.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efetos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 8º.-Provisión de vacantes.

Cando se produza unha vacante ou sexa preciso cubrir novos postos comunicaráselle a todo o persoal da empresa por medio dun aviso no taboleiro de anuncios. Este aviso deberá publicarse cunha antelación mínima de dez días á data fixada para o remate.

Artigo 9º.-Promoción.

Concederáselle preferencia ó persoal de niveis inferiores para que poida ocupar praza de categoría superior, sempre que obteña igual puntuación á dos aspirantes a ingreso no exame que se convoque con tal fin.

Artigo 10º.-Regras para a provisión de vacantes e promocións.

A empresa terá en conta os seguintes principios básicos:

a) Tódolos traballadores terán dereito a concursar solicitando calquera vacante que se produza en calquera categoría de nivel superior.

b) A empresa, cano o xulgue necesario, poderá efectua-las probas pertinentes para comprobar se se dan nos aspirantes os requisitos esixidos para o posto que se pretende cubrir.

c) No caso de que non reuniren os traballadores solicitantes os requisitos e coñecementos esixidos para a vacante, a xuízo da empresa, esta poderá proceder a cubrila con persoal alleo.

d) Tódolos ascensos se considerarán a proba, confirmándose a designación ós seis meses, salvo que neste período de proba se deduza a falta de idoneidade do ascendido, caso no que volverá á súa situación anterior, e a empresa pode optar por cubrir esta vacante con algún dos candidatos que participan no proceso de selección ou convocar novamente a praza.

Artigo 11º.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo con suxeición á lexislación vixente é facultade exclusiva da dirección da empresa. Sen mingua da autoridade que lle corresponde á dirección da empresa ou ós seus representantes legais, os delegados de persoal terán ás funcións de información, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación específica e o presente convenio.

Artigo 12º.-Categorías profesionais.

As categorías e niveis profesionais quedan establecidos do seguinte modo, co obxecto as adaptar ás nosas necesidades específicas.

Esta relación de niveis e categorías é meramente enunciativa, sen que supoña obriga de ter provistos os enumerados:

Nivel 0. Categoría: persoal de alta dirección (excluído do presente convenio de acordo co artigo 2 deste).

Nivel 1. Categoría: director de división.

Nivel 2. Categoría: coordinador de división.

Nivel 3. Categoría: director adxunto.

Nivel 4. Categoría: xefe superior.

Nivel 5. Categoría: xefe de área.

Nivel 6. Categoría: director de delegación.

Nivel 7. Categoría: especialista de área.

Nivel 8. Categoría: oficial de primeira.

Nivel 9. Categoría: oficial de segunda.

Nivel 10. Categoría: auxiliar.

Nivel 11. Categoría: traballador en prácticas titulado superior.

Nivel 12. Categoría: traballador en prácticas titulado medio.

Nivel 13. Categoría: persoal subalterno maior de 18 anos.

Nivel 14. Categoría: traballadores con contrato de aprendizaxe.

Non se contempla neste convenio colectivo o persoal subalterno menor de 18 anos. No suposto de habelo, as súas condicións económicas virá determinadas, polo salario mínimo vixente. (Os niveis 1 ó 6 poderán usar tarxetas de visita da empresa, personalizadas).

Artigo 13º.-Definición de categorías.

As definicións de cada categoría son as seguintes:

-Persoal de alta dirección (nivel 0).

Comprende os cargos de: conselleiro delegado, xerente, etc. (todos eles están excluídos do presente convenio).

-Resto de niveis por orde de ascenso:

-Aprendiz (nivel 14).

É aquela persoa que ingresou na empresa cun contrato de aprendizaxe que ten por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado da categoría profesional.

O salario desta categoría profesional será a do salario mínimo vixente en atención á súa idade, reducido na proporción seguinte:

Primeiro ano de contrato, 0 70%.

Segundo ano de contrato, o 80%.

Terceiro ano de contrato, o 90%.

Para os menores de 18 anos non poderá ser inferior ó 85% do salario mínimo interprofesional da súa idade.

-Persoal subalterno (nivel 13).

Terá a consideración desta categoría o subalterno maior de dezaoito anos, que ten por misión facer recados dentro ou fóra da oficina, recoller e entregar correspondencia, así como outros traballos secundarios ordenados polos seus xefes ou inmediatos superiores.

-Traballador en prácticas (nivel 12).

É o traballador titulado medio que mediante un contrato en prácticas realiza as funcións para a obtención da práctica profesional adecuada ó nivel de estudios cursados.

-Traballador en prácticas (nivel 11).

É o traballador titulado superior que mediante un contrato en prácticas realiza as funcións para a obtención da práctica profesional ó nivel de esetudios cursados.

-Auxiliar (nivel 10).

É o empregado maior de 18 anos que ten ó seu cargo operacións elementais administrativas e en xeral as puramente mecánicas e mecanográficas.

-Oficial de segunda (nivel 9).

Realiza as mesmas funcións que se asignan ó auxiliar, con certo grao de experiencia, seguridade e reapidez.

-Oficial de primeira (nivel 8).

É o empregado cualificado que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinado a un nivel superior, realiza traballos de carácter secundario que só esixen coñecementos xerais da técnica administrativa.

-Especialista de área (nivel 7).

É o empregado capacitado técnica e profesionalmente que despois dun período de aprendizaxe accede a realizar traballos específicos dentro dunha área ou departamento da empresa.

-Director delegación (nivel 6).

É o empregado que ten ó seu cargo e baixo a súa responsabilidade cada unha das oficinas delegadas. As súas tarefas son comerciais e técnicas, dirixindo o persoal auxiliar da oficina e ostentando facultade para asina-lo correo xerado nela.

Polo que respecta as súas funcións técnicas dependerán de cada unha das divisións operativas segundo a natureza dos traballos.

-Xefe de área (nivel 5).

É aquela persoa que realiza cometidos de xefatura e coordinación de tarefas, nunha área de traballo ou departamento específico. Recibe ordes dos mandos da división á que pertence. Ten ó seu mando ó seu persoal auxiliar.

-Xefe superior (nivel 4).

É o xefe de área que debido á súa evolución na empresa e á súa madurez no posto pode ser promocionado a este nivel eocnómico superior.

-Director adxunto (nivel 3).

É o empregado que ás oredes dun director de división ou coordinador realiza, tarefas propias dos citados postos como axuda e asistencia auxiliar a eles, suplíndoos en caso de ausencia.

-Coordinador (nivel 2).

É aquel alto empregado capaz de desempeñar tarefas correspondentes ó director de división e, en estreita colaboración con el, coordinará as funcións do persoal ás súas ordes. As súas funcións de mando, organización de traballo, responsabilidade e supervisión seranlle delegadas polo director de división de quen dependerá.

-Director de división (nivel 1).

É a máis alta categoría anual. O director de división é o responsable pleno e final das divisións operativas da empresa. Ten mando sobre o persoal da división e área de traballo e está facultado para asina-la correspondencia que se xere na súa división baixo a correspondente antesinatura.

Artigo 14º.-Servicio militar.

Durante o tempo que o persoal permanece no servicio militar obrigatorio, ou non voluntario para anticipa-lo cumprimento daquel, reservaráselle a praza que viña desempeñando.

Transcorridos 60 días desde o seu licenciamento sen presentarse ó seu cargo laboral entenderase que renuncia por propia vontade e quedará totalmente extinguida a relación laboral.

Cando as obrigas militares lle permitan ó empregado acudir ó traballo e sempre que iso non transforme a súa organización, apreciación que fará libremente a empresa, o empregado poderá traballar por horas, aboadas a rateo do seu soldo. Se a empresa tivese oficina delegada na poboación a que sexa destinado o empregado procurarase adscribilo a ela,

sempre que poidan ser compatibles o seus deberes de empregado e soldado.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

As horas de traballo efectivas en cómputo anual serán de 1.752 horas, de acordo co calendario laboral de empresa (anexo II) no que se prevén festivos de empresa, pontes e distribución das diferentes xornadas.

Hai tres tipos de xornada laboral:

a) Xornada normal de 8 horas efectivas.

b) Xornada intensiva de verán de 6,5 horas efectivas.

c) Xornada intensiva de Nadal de 5 horas efectivas.

Para todas elas utilizarase un horario flexible a comodidade do traballador, de acordo coas seguintes pautas:

-Xornada A).

Tardes:

Flexible de 15 a 16.

Fixo de 16 a 18.30.

Flexible de 18.30 a 19.

Mañás:

Flexible de 8.30 a 9.30.

Fixo de 9.30 a 14.

Flexible de 14 a 14.30.

-Xornada B).

Flexible de 8.30 a 9.

Fixo de 9 a 15.

Flexible de 15 a 15.30.

-Xornada C).

Flexible de 8.30 a 9.30.

Fixo de 9.30 a 14.

Flexible de 14 a 14.30.

Por razóns familiares a petición do traballador e segundo apreciación da empresa, poderá instaurarse en determinados períodos unha xornada de traballo D, na que a peculiaridade consiste en que o traballo o efectúa o traballador peticionario desde o seu domicilio, sen acudir ó centro de traballo.

Todo traballador desprazado a outra empresa por razón de servicio, aterase ó horario do centro de traballo de destino, se ben en canto ó cómputo das horas traballadas se considerarán extraordinarias as que excedan mensualmente do cadro horario a empresa. Se, polo contrario, estas resultasen inferiores, recuperaranse no próximo mes ou de ser posible, completaranse diariamente nas oficinas da súa empresa.

Artigo 16º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, como mínimo, preferentemente no mes de agosto. Aqueles que por necesidades do servicio teñan que toma-las vacacións noutros períodos terán preferencia no seguinte ano para desfrutalas en agosto. No suposto de que se fraccionen as vacacións computaranse a razón de 22 días laborables.

Ata cinco días dos trinta de vacacións poderán ser utilizados para compensación de pontes e festivos da empresa de acordo coas realidades de traballo previstas pola dirección da empresa á hora de confecciona-lo calendario anual.

O plano de vacacións quedará previsto, para efectos informativos, dentro do mes de marzo como parte integrante do citado calendario laboral, aínda que posteriormente será posible a súa modificación por necesidades ineludibles de producción.

Todo o persoal poderá planificar individualmente as súas festas e necesidades de ocio, para o cal ten dereito a desprazar fóra do mes de agosto ata dez días das súas vacacións anuais. Esta planificación anual ten que ser comunicada por escrito á dirección de Galcosa antes do 31 de marzo de cada ano.

Artigo 17º.-Permisos.

O persoal de Galcosa poderá solicitar permisos, facéndoo por escrito ante o mando de quen dependa e posterior informe deste á dirección, todo iso en forma previa. Se se produce ausencia sen petición de permiso será considerado como falta ó traballo. Neste caso o persoal debe avisar de tal evento polo medio máis rápido posible ó seu mando ou á dirección.

Os permisos que dan dereito a retribución son os seguintes:

a) Vinte días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días nos casos de falecemento do cónxuxe, pais ou fillos.

c) Dous días nos casos de nacemento de fillo, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, salvo no caso da letra b) anterior.

d) Un día por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia forzosa. No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivese dereito na empresa.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos pola lei.

Artigo 18º.-Faltas.

As faltas cometidas polos traballadores ó servicio da empresa clasificaranse atendendo á súa importancia, reincidencia e intención, en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón nos puntos seguintes:

a) Considéranse faltas leves:

-Tres faltas de puntualidade durante un mes sen que exista causa xustificada.

-A non comunicación coa antelación debida da súa falta ó traballo por causa xustificada, a non ser probe a imposibilidade de facelo.

-Falta de aseo persoal e limpeza persoal.

-Falta de atención e dilixencia co público.

-Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

-Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

-A embriaguez ocasional.

b) Son faltas graves:

-Faltar dous días ó traballo sen xustificación.

-A simulación de enfermidade ou accidente.

-As cometidas contra o respecto debido ós seus superiores ou compañeiros de traballo.

-A reincidencia nas faltas leves, salvo as de puntualidade, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre, se mediaron sancións.

-O abandono do traballo sen causa xustificada.

-A neglixencia no traballo cando cause prexuízo grave.

c) Son faltas moi graves:

-Faltar ó traballo máis de dous días ó mes sen causa xustificada.

-A fraude, a deslealdade e abuso de confinza nas funcións encomendadas.

-O furto e o roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa ou a calquera persoa dentro dos locais da empresa ou fóra dela, durante acto de servicio. Quedan incluídos neste apartado o falsear datos ante o xurado, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa o conseguir algún beneficio.

-A simulación comprobada de enfermidade, inutilidade, estragar ou causar desperfectos en máquinas, aparellos, instalacións, edificios, obxectos e departamentos da empresa; que recaese sobre o traballador sentencia dos tribunais de Xustiza competentes por delictos de roubo, furto, estafa e malversación cometidos fóra da empresa, que poida motivar desconfianza cara ó seu autor; a continua e habitual falta de aseo e limpeza persoal, que produza queixas xustificadas dos compañeiros; a embriaguez durante o traballo; os malos tratos de

palabras ou obra ou falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros ou subordinados; abandona-lo traballo en postos de responsabilidade; a reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo trimestre, sempre que fose obxecto de sanción.

Artigo 19º.-Sancións.

As sancións que a empresa poida aplicar, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometicas, serán as seguintes:

a) Faltas leves.

Amoestación por escrito.

b) Faltas graves.

Suspensión de emprego e soldo de un a dez días.

c) Faltas moi graves.

Suspensión de emprego e soldo de once días a dous meses.

Despedimento.

Para a aplicación das sancións que anteceden terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade do mesmo e repercusións do feito nos demais traballadores e na empresa.

Artigo 20º.-Tramitación e procedemento das faltas e sancións.

A facultade de impoñe-las sancións correspóndelle á dirección da empresa, que póra en coñecemento dos enlaces sindicais.

Será necesaria a instrumentación de expediente na imposición de sancións ós traballadores que ostenten cargos electivos sindicais, e naqueloutros casos en que a empresa estime a súa tramitación.

Artigo 21º.-Prescrición.

a) Faltas leves: 10 días.

b) Faltas graves: 20 días.

c) Faltas moi graves: 60 días.

Todas elas a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometeren.

Artigo 22º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio aplicarase o que dispoña en cada materia o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 23º.-Demisión do traballador.

En caso de demisión do traballador, este deberá avisar por escrito á dirección cun mínimo de 60 días de antelación para os niveis do 1 ó 6 e de 30 para os niveis restantes. Se non se realiza este preaviso, perderá o interesado a retribución correspondente a eses días, como resarcimento dos danos e perdas que tal omisión do prazo lle ocasione á empresa. O establecido no parágrafo precedente enténdese sen prexuízo da indemnización prevista nos supostos que contempla o artigo 21 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Folga.

No suposto de folga, o desconto polo exercicio legal dela calcularase tomando como base as horas deixadas de traballar, valoradas na proporción retribución anual/horas anuais.

Arigo 25º.-Salario convenio.

Establécense para cada nivel de categoría en cómputo anual na táboa anexo I.

Artigo 26º.-Plus de transporte.

Consiste nunha cantidade que se establece para efectos de compensación de gastos e tempos para situarse no lugar de traballo. Figura na táboa anexo I citada, quedando excluído da cotización á Seguridade Social.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias.

Só se realizarán no suposto de necesidade perentoria e serán ordenadas e posteriormente autorizadas polo mando autorizado para iso. Serán retribuídas en recibo de salarios aplicando os importes que, para cada categoría, figuran na táboa salarial anexa I citado.

Por necesidades económicas da empresa, esta poderá computa-los tempos investidos en horas extras en tempos de descanso equivalente ó 175% das horas extras efectuadas.

Artigo 28º.-Axudas de custo e quilometraxe por desprazamentos.

Se o desprazamento se efectúa en vehículo da empresa ou de alugueiro só se repercutirá nas notas de gastos de viaxe aqueles que correspondan ó mantemento, peaxe e consumibles do vehículo, realmente pagados.

Se se utiliza vehículo propio do traballador, os quilómetros compesaranse a 38 pesetas sen que proceda outro concepto de cargo excepto a peaxe.

Non se establecen axudas de custo fixas xa que a empresa compensará os gastos de manutención e aloxamento pola súa contía real.

Artigo 29º.-Comisións.

O persoal afectado por este convenio que participe nalgunha acción comercial poderá devengar unha comisión pola súa xestión na contía que previamente se concerte.

Tódalas comisións se liquidarán por trimestres naturais mediante liquidación nominativa.

Artigo 30º.-Formación profesional.

Para conseguir unha maior competitividade no mercado e especialización dos traballadores da empresa, así como o persoal de alta dirección (nivel 0 do convenio), créase unha bolsa económica consistente no 0,5% da facturación contratada da empresa, a cal se dedicará para afronta-los gastos da dita formación.

Esta bolsa económica será xestionada e controlada pola empresa e os represntantes dos traballadores.

Artigo 31º.-Compensación ILT.

No caso de ILT a empresa compensará en recibo de salarios o importe bruto dos devengos, mentres dura esta situación ata o 100% do que lle correspondería en caso de estar en activo.

A persoa que inicie unha situación de ILT debe informar deste evento á empresa, tal e como queda indicado para os casos de permiso no artigo 17º. Todo isto independente das posteriores xustificacións oficiais de asistencia a consulta e parte de baixa.

Artigo 32º.-Nupcialidade.

O persoal que contraia matrimonio canónico ou civil percibirá unha gratificación extra equivalente ó 65% do salario mensual.

Artigo 33º.-Natalidade.

O nacemento de cada fillo premiarase cunha paga extra equivalente ó 65% do salario mensual.

Artigo 34º.-Plus de antigüidade.

Establécese un plus de antigüidade calculado en quinquenios sen limitación ningunha. Cada quinquenio liquidarase en recibo de salarios ó 4% do salario base de cada categoría. O seu devengo e cobro iniciarase o día primeiro de cada ano en que se cumpra cada quinquenio.

Como complemento deste plus de antigüidade, tódolos traballadores fixos do cadro de persoal quedarán cubertos por un seguro de vida cos seguintes capitais de indemnización:

Falecemento: 2.000.000 de ptas.

Falecemento: 4.000.000 de ptas.

Falecemento por accidente circulación: 6.000.000 de ptas.

Invalidez absoluta e permanente: 2.000.000 de ptas.

Tal seguro iniciará a súa cobertura o día 1 de xaneiro do ano seguinte ó ingreso do traballador ou da súa contratación como traballador con contrato indefinido.

Artigo 35º.-Servicio busca de emprego.

Dada a nosa actividade neste campo, calquera traballador da empresa ten dereito ó seu uso para si ou calquer familiar presentado por el, sen ningún cargo.

Artigo 36º.-Distribución do salario.

Os importes anuais recollidos nas táboas salariais anexas comprenden 4 pagas anuais (12 mensualidades e unha extra en xullo e outra en decembro).

Non obstante, acórdase redistribuí-las dúas pagas extraordinarias, aplicándoas mensualmente en cada recibo de salarios, para aquel persoal que así o solicite, por escrito, para cada período anual.

ANEXO I

Táboa salarial ano 1996

NivelG.T.CategoríaB. anualP. Trans.T. anoH. Ext.

11Director división2.972.869276.0003.248.8691.920
21Coordinador división2.386.407276.0002.662.4071.550
31Director adxunto2.106.866276.0002.382.8661.370
41Xefe superior1.923.164276.0002.199.1641.250
51Xefe de área1.706.163276.0001.982.1631.250
64Director delegación1.615.809276.0001.891.8091.250
75Espeta. de área1.278.554276.0001.554.554950
85Oficial de primeira1.209.581276.0001.485.581875
95Oficial de segunda1.124.226276.0001.400.226815
107Auxiliar1.042.465276.0001.318.465815
111Práctias T/super964.333276.0001.240.333875
122Prácticas T/medio910.000276.0001.186.000815
137Persoal subalterno908.880276.0001.184.880815
14Segundo aprendiz 1º ano636.216636.216
Idade aprendiz 2º ano727.104727.104
Actual aprendiz 3º ano817.992817.992

ANEXO II

Calendario de traballo

XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1F888FS6.5VD8FD

258S88D6.5V6.58S8

35SD8886.5S6.58D8

45D8FS86.5D6.5888

5588FD86.5V6.5S88

6S88S88SV6.5D8F

7D88D88DVS88S

888888S6.5VD88D

988S88D6.5V6.58S8

108SD8886.5S6.58D8

118D88S86.5D6.5888

128888D86.5V6.5F88

13S88S88SV6.5D88

14D88D88DVS88S

1588888S6.5FD88D

1688S8FLD6.5FL88S8

178SD8F86.5S88D8

188D88S86.5D8888

198888D86.5V8S88

20S58S88SV8D88

21D88D88DVS88S

2288888S6.5VD88D

2388S88D6.5V88S5

248SD8886.5S88D5

258D88S8FD888F

268888D8FEV8S85

27S88S88SV8D85

28D88D88DVS88S

2988888S6.5VD88D

308S88D6.5V88S5

318D86.5S85

HOR.164165168160160160136.50153184160142

TOT HOR.1752.5

DIAS22212120202021021232020

TOT DIAS229

Festivos nacionais Festivos locais

01-01Aninovo-Santiago
06-01Epifanía do Señor16-05Ascensión
04-04Xoves Santo16-08San Roque
05-04Venres Santo-A Coruña
01-05Festa do Traballo28-02Martes de Antroido
17-05Días das Letras Galegas07-10Festa do Rosario
25-07Santiago Apóstolo-Ferrol
15-08Asunción da Virxe19-03San Xosé
12-10Festa nacional de España08-04Festa do Chamorro
01-11Tódolos Santos-Festivos empresa
06-12Día da Constitución Española20-02Xornada de 5 horas
25-12Natividade do Señor26-07Festivo empresa

-Xornada intensiva: do 1 de xullo ó 15 de setembro (de 8.30 a 15 horas).

-Vacacións: do 1 ó 30 de agosto.

-Xornada navideña: do 2-1- ó 5-1 e do 26-12 ó 31-12 (de 9 a 14 horas).

-Abreviaturas empregas:

F = festivo.

FE = festivo empresa.

FL = festivo local (Santiago de Compostela).

S = sábado.

D = domingo.

5444