Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1996 pola que se anuncia o concurso público 5/1996 -procedemento aberto- trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Facultade de Económicas (expediente 4022/1996).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Facultade de Económicas.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposición, ás 11 horas da mañá na sala de

xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: once millóns setecentas mil pesetas (11.700.000 ptas.).

Garantía provisional: duascentas trinta e catro mil pesetas (234.000 ptas.).

A Coruña, 28 de xuño de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

5296