Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1996 pola que se anuncia o concurso público 5/1996 -procedemento aberto- trámite de urxencia, para a publicación de volumes de xurisprudencia para a Facultade de Dereito (expediente de consultoría e asistencia 4024/1996).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a publicación dos volumes da xuris

prudencia do Tribunal Superior de Xustiza do período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril do ano 1992 para a Facultade de Dereito (departamento de Dereito Público Especial).

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de traballos de consultoría e asistencia por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposición, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: doce millóns cincocentas mil pesetas (12.500.000 ptas.).

Garantía provisional: duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.).

A Coruña, 28 de xuño de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

5295