Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/19-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Teniente Xral. Gómez Zamalloa, 9, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea a C.T. Bergantiños.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 de 3(1x95) mm Al, de 160 m de lonxitude, con orixe na liña Cillobre-Paiosaco-Medoña-Currelos-O Corgo (expediente 6181) e final no C.T. Bergantiños, en Paiosaco-Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial de A Coruña

4998