Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada PO-223, treito: Pontevedra-Campo Lameiro, clave: N-PO-94.1. Termos municipais de Pontevedra e Campo Lameiro.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservacio e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 7 de febreiro de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 7 de marzo de 1996, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar das terras se o consideren necesario.

Termo municipal de Pontevedra.

Local: Escola Unitaria de Couso.-Día: 30 de xullo, do predio 0736 ó 0819.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 31 de xullo, do predio 0651 ó 0735.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 1 de agosto, do predio 0568 ó 0650.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 2 de agosto, do predio 0487 ó 0567.

De 9:30 a 13:30 horas.

Termo municipal de Campo Lameiro.

Local: Casa Escola de Cerdeira.-Día: 2 de agosto, do predio 0001 ó 0080.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 6 de agosto, do predio 0080 a 0155.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 7 de agosto, do predio 0156 ó 0239.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 8 de agosto, do predio 0240 ó 0324.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 9 de agosto, do predio 0325 ó 0401-B.

De 9:30 a 13:30 horas.-Día: 12 de agosto, do predio 0401-C ó 0485.

De 9:30 a 13:30 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regualmento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, r/ Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 1 de xullo de 1996.

Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe provincial de Pontevedra

4999