Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.864

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 277/1996, do 12 de xullo, polo que se dispón que cese Francisco Pérez Rivas como delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Que cese Francisco Pérez Rivas como delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, por pasar a outro destino, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, doce de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5441