Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.864

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 276/1996, do 4 de xullo, polo que se asumen os medios persoais do Hospital Militar da Coruña traspasados pola Administración Central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Real decreto 1432/1996, do 7 de xuño, traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os medios persoais adscritos ó Hospital Militar da Coruña.

Procede en virtude do citado traspaso, asumir expresamente os ditos medios persoais, de acordo co marco normativo vixente, asignándoos ós órganos correspondentes da Administración autonómica.

Por isto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día catro de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Asunción dos medios persoais traspasados.

Quedan asumidos os medios persoais do Hospital Militar da Coruña traspasados pola Administración Central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1432/1996, do 7 de xuño.

Artigo 2º.-Adscrición e asignación dos medios persoais traspasados.

1. Adscríbense ó Servicio Galego de Saúde os medios persoais asumidos a que fai referencia o artigo anterior.

2. A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o organismo autónomo Servicio Galego de Saúde exercerán, no marco das súas respectivas competencias, as funcións que viña desempeñando o Ministerio de Defensa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outras consellerías de acordo coas disposicións vixentes.

3. Os órganos do Servicio Galego de Saúde exercerán as atribucións e competencias que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto e para adopta-las medidas necesarias para a plena efectividade e executividade práctica dos medios persoais traspasados.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.Santiago de Compostela, catro de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5440