Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, da subministración de 2.000 exemplares dun video-libro sobre a figura do galeguista Ramón Piñeiro para o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Obxecto e orzamento: edición de 2.000 exemplares dun vídeo-libro sobre a figura do galeguista Ramón Piñeiro, polo importe máximo de 5.200.000 ptas.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7.4) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: dous meses, contado a partir da data de sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, A Barcia, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: véxanse apartados 8 e 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1996.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

5051